BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


II Torneo de Debate Académico TALKK

Luns 30 de Xaneiro de 2017
Martes 31 de Xaneiro de 2017

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Mércores 01 de Febreiro de 2017
Venres 03 de Febreiro de 2017

Sede A Coruña


Os días 30 e 31 de xaneiro e 1 e 3 de febreiro de 2017 celébrase na sede da Fundación Barrié da Coruña o "II Torneo de Debate Académico TALKK", que naceu co obxectivo de inculcar e afianzar na nosa cidade a cultura de debate e mais a oratoria. Porque sendo fieis ao lema da escola…“A habilidade de expoñer unha idea é tan importante coma a idea mesma” (Aristóteles).
 
Protagonistas: 
9 centros educativos: centros públicos, concertados e privados de Ensino Secundario e Bacharelato da cidade da Coruña, que formarán 20 equipos de debate. Os equipos estarán compostos por alumnado pertencente ao mesmo ou distinto curso, desde 1º da ESO ata 1º de Bacharelato dun mesmo centro educativo. En total participarán 100 alumnos e alumnas.

Que é o TDAK? 
Un torneo de debate académico que organiza TALKK, a primeira Escola de Oratoria e Debate da cidade da Coruña.
O debate é un deporte de competición, no que os participantes empregan a súa capacidade dialéctica e argumentativa para convenceren un xurado. 
A finalidade directa dun debate é expoñer e coñecer as posicións, baseamentos e argumentos das distintas partes.  

A pregunta que se vai debater nesta II edición será:
Debe España apostar por un sistema educativo sen materias nin horarios fixos?





ETIQUETADO EN: DEBATE  ,  ORATORIA  ,  TALKK

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •