Inicio / Sala de prensa / Rede Paraugas Alzheimer premiado na XXI Edición Premios Ciudadanos

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


11-12-2017

  • Os Premios CIUDADANOS, convocados pola asociación do mesmo nome, ten como obxectivo recoñecer proxectos que salienten as virtudes solidarias e os valores cidadáns, así como sensibilizar a sociedade da necesidade e importancia de valores como o esforzo, a dedicación e o compromiso cos cidadáns.
  • O Programa Rede Paraugas Alzheimer foi premiado por achegar formación de calidade a familiares e coidadores de persoas con alzhéimer no rural galego.
  • O acto de entrega terá lugar mañá martes, 12 de decembro, no Ateneo de Madrid.
  • Rede Paraugas Alzheimer naceu co obxectivo de apoiar as familias de persoas con alzhéimer do rural galego, proporcionando atención e apoio directo aos coidadores e establecendo unidades de memoria para as persoas afectadas. 

O Programa Rede Paraugas Alzheimer premiado na XXI Edición dos Premios Ciudadanos
© Fundación Barrié

A Coruña, 11 de decembro de 2017.-  O Programa Rede Paraugas Alzheimer, posto en marcha no ano 2013 pola Federación Alzheimer Galicia e a Fundación Barrié, foi galardoado na XXI Edición dos Premios CIUDADANOS.
 
Estes Premios, convocados pola asociación sen ánimo de lucro do mesmo nome, teñen como obxectivo recoñecer aqueles proxectos que salientan as virtudes solidarias e os valores cidadáns, así como sensibilizar a sociedade da necesidade e da importancia de valores como o esforzo, a dedicación e o compromiso cos cidadáns.
 
O Programa Rede Paraugas, que comparte premio con entidades tan destacadas como o CERMI  ou o COE, foi recoñecido nesta ocasión por facilitar formación de calidade a coidadores e familiares de persoas con alzhéimer no rural galego.
 
Este premio será entregado nunha gala que terá lugar mañá martes, 12 de decembro, no Salón de Actos do Ateneo de Madrid. José Manuel Fontenla, membro da Xunta Directiva da Federación Alzhéimer Galicia, asistirá en representación de ambas entidades.

 
Programa Rede Paraugas Alzheimer
 
No ano 2013, a Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia, puxeron en marcha este proxecto co obxectivo de apoiar as familias de persoas con alzhéimer do rural galego, proporcionando atención e apoio directo aos coidadores e establecendo unidades de memoria para as persons afectadas.
  
Así, durante os últimos 4 anos, desenvolvéronse nas zonas rurais de Galicia 39 charlas informativas desde o punto de vista sanitario, social e psicolóxico, nas que participaron máis de 1.000 asistentes e tras as que se conseguiu crear un grupo estable de familiares para participar en actividades posteriores. Ademais, realizáronse 10 ciclos formativos cunha participación de 200 persoas en onde se abordaron as demencias desde diferentes ámbitos, co obxectivo de dotar os familiares de pautas de actuación nas diferentes etapas da enfermidade.
 
Por outro lado, creáronse 5 unidades de memoria orientadas a persoas cunha demencia e onde se levaron a cabo obradoiros de intervención baseados en técnicas de estimulación cognitiva, actividades da vida diaria ou a musicoterapia, entre outras.
 
Ademais, entre o ano 2015 e 2016 abríronse 11 unidades rurais de atención social que permitiu atender 276 familias, e que se materializaron en 6 convenios de colaboración entre os Concellos desas comarcas e as asociacións de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias de dita área.  
 
A principios deste ano, a Federación Alzheimer Galicia e a Fundación Barrié renovaron o seu convenio de colaboración para iniciar a terceira parte do Programa Rede Paraugas Alzheimer, co que xa se puxeron en marcha novas unidades de respiro para persoas con alzhéimer e de atención a familias coidadoras.
 
O Premio Ciudadanos súmase aos xa recibidos por este proxecto:
 
2017

VIII Edición Premios AGADER 
3er Premio ás iniciativas do desenvolvemento do rural
 
Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia   
Premio Boas Prácticas
 
2016

II Edición do Foro Premios Albert Jovell          
Primeiro Premio nacional na Categoría “Mellor Formación Dirixida a Pacientes e/ou Familiares”
 
II Premios á Sanidad de Galicia
Premio na Categoría “Asociación de Pacientes”
 
Premios Somos Pacientes 2016 (nacional) 
As Unidades de Memoria foron Finalistas na categoría “Iniciativa de servizo ao paciente”

2015
 
Congreso de Calidade e Seguridade de SOGALCA – VII Xornada de Calidade e Seguridade do SERGAS
Premio ex aequo á Mellor Comunicación
 

Máis información:
 
http://www.fundacionbarrie.org/red-paraguas-alzheimer
www.fagal.org