| Castellano | | | Galego | | | English | ||||||||
![]() |
||||||||||||
| Acción Social | Educación e bolsas | Investigación | Patrimonio e Cultura | EducaBarrié | ||||||||||||
| ACCIÓN SOCIAL | ||||
![]() |
Conferencia inaugural programa formativo Máis Social Ourense 23 de abril. 19.30 h. Aberta ao público Centro Cívico A Ponte R/ Eulogio Gómez Franqueira, 43 Reinventemos o sector asociativo das asociacións para mobilizarmos a cidade e os cidadáns: branding e marketing público. Polo profesor Toni Puig, profesor do Instituto de Gobernanza e Dirección Pública de ESADE. |
|||
![]() |
Proxecto Convivimos Actividades para educación infantil e primaria, de centros de toda Galicia, co obxectivo principal de fomentar unha convivencia baseada no respecto á diversidade, e na igualdade en dereitos e responsabilidades. Proposta educativa xurdida da colaboración coa Fundación Meniños. |
|||
| EXPOSICIÓNS E ACTIVIDADES DIDÁCTICAS | |||
![]() |
O CANTAR DOS CANTARES SEDE VIGO. Do 15 de maio ao 18 de agosto Co gallo do 150 aniversario da publicación en Vigo de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a Fundación Barrié, a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo coproducen unha exposición conmemorativa cunha coidada escolma de documentos, publicacións, fotografías, audiovisuais e obxectos artísticos. |
||
![]() |
VERÁN CONTEMPORÁNEO SEDE A CORUÑA. Do 28 de maio ao 8 de setembro Completo programa de actividades didácticas arredor da Colección de Pintura Contemporánea da Fundación. Tomando como nó central a obra Hollow Places Fat / Hollow Places Thin, doada pola artista Jessica Stockholder tras a recente exposición monográfica presentada na súa sede viguesa, a Fundación propón un verán cunha manchea de actividades lúdicas enfocadas ao entendemento, debate e percepción da creación contemporánea internacional dos últimos trinta anos. |
||
![]() |
EDUCABARRIÉ Actividades didácticas gratuítas Visitas guiadas, campamentos, obradoiros para familias e escolares. Reservas no 981 060 095 (A Coruña) e 986 110 220 (Vigo). Dossieres didácticos en www.fundacionbarrie.org |
||
| DIVULGACIÓN DA CIENCIA / EDUCABARRIÉ | |||||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||||
| EDUCABARRIÉ XVII Día da Ciencia na rúa Parque de Santa Margarida, A Coruña 4 de maio Ven a te divertires e aprenderes no noso toldo coas actividades do XVII Día da Ciencia na Rúa promovido pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. A investigación máis divertida da man de educaBarrié. |
EDUCABARRIÉ Exposición: InvestigArte. A exposición dos científicos do hoxe e do mañá Sede A Coruña Inauguración 24 de abril Descobre os mellores traballos do I Concurso InvestigArte 2012-2013 e achégate á ciencia dende a ollada artística dos investigadores e escolares galegos. Reservas para grupos: 981 060 095 Reserva online |
EDUCABARRIÉ Día do científico galego 2013 Actividades para conmemorarmos a figura do Padre Feijoo, en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias. Para familias: 23 de abril / Pazo de San Roque (Santiago). 27 de abril / Rúa do Paseo (Ourense) Para centros educativos: Sede Vigo, 5 de xuño Sede A Coruña, 6 de xuño |
EDUCABARRIÉ Semana do ADN Domus / A Coruña Do 22 ao 28 de abril Actividades no laboratorio aberto da Domus para te achegares ao mundo da xenética. Co gallo do Día Mundial do ADN, o 25 de abril, e en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses. • Obradoiros de experimentación para familias e centros educativos. • Noite na Domus (nenos de 11 a 13 anos): venres 26 de abril Información e reservas: 981 189 840 |
||||
![]() |
|||
| Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en www.fundacionbarrie.org |
|||
| Se non desexa recibir máis comunicacións pode darse de baixa aquí | |||