BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


11ª Edición de Coruña Bloggers

Mércores 27 de Setembro de 2017

19:30

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Require inscrición

Enlace aquí

A sede da Fundación Barrié na Coruña acolle o mércores 27 de setembro, a partir das 19.30, a 11ª edición de Coruña Bloggers, un evento que reúne os últimos mércores de cada mes a persoas interesadas nos blogs, a tecnoloxía, Internet, o márketing dixital ou as redes sociais.
 
O evento consta de dúas charlas. Neste caso falarán Óscar Domínguez e Javier Varela. O primeiro é un experto en SEO e o seu relatorio abordará a importancia de estar ben posicionado en Google e ter visibilidade en Internet.
 
O segundo é membro da Asociación Nacional de Voluntarios Dixitais en Emerxencias e tomando como punto de partida os atentados de Barcelona ofrecerá consellos para un bo uso das rede sociais durante unha emerxencia.
 
O evento é aberto a todo o mundo e gratuíto, pero se pide aos asistentes que traian, polo menos, un quilo de comida para a Cociña Económica.
 
As invitacións pódense retirar na web de Coruña Bloggers (www.corunabloggers.com)





ETIQUETADO EN: BLOGGERS  ,  BLOG  ,  CORUÑA BLOGGERS

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •