BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Galicia na encrucillada. Ciclo de conferencias sobre demografía e futuro

Galicia na encrucillada. Ciclo de conferencias sobre demografía e futuro

Martes 17 de Outubro de 2017

09:15-13:45

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Require inscrición

Enlace aquí

A nosa sociedade está a ver un troco demográfico que traerá consecuencias de grande alcance en todos os ámbitos, ao pór en cuestión aspectos tan fundamentais como a permanencia do actual modelo económico, a supervivencia do noso estilo de vida ou a propia sostibilidade do estado do benestar.

En España, e de xeito especial en Galicia, este debate cobra especial importancia pola preocupante evolución da pirámide de poboación. Debemos estar preparados, pois esta situación afectaranos sen nengunha dúbida como individuos, como cidadáns, como profesionais e como empresarios.

Conscientes da dimensión desta problemática e do seu impacto na nosa sociedade e nas nosas empresas, APD e a Fundación Barrié organizamos o ciclo titulado “GALICIA NA ENCRUCILLADA”, que comezará o próximo 17 de outubro na Coruña coa celebración dun grande encontro sobre a nosa demografía e futuro. Neste ciclo trataremos de dar resposta a cuestións sobre o que supón o troco demográfico, cal é a situación en España e Galicia ou cara onde nos dirixe este envellecemento progresivo da poboación.

Entrada gratuíta previa inscrición en APD.

A xornada complementarase coa conferencia de José Luis Cordeiro o día 23 de outubro.

PROGRAMA

9.15 h Recepción de asistentes

9.30 h Apertura
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
XUNTA DE GALICIA

José María Arias Mosquera
Presidente
FUNDACIÓN BARRIÉ E ZONA NOROESTE APD

Edelmira Barreira Diz
Comisionada para o reto demográfico
GOBERNO DE ESPAÑA

10.00 h Diagnóstico: que supón o troco demográfico?
Alejandro Macarrón Larumbe
Director xeral
FUNDACIÓN RENACEMENTO DEMOGRÁFICO

10.30 h Impactos da transición demográfica na economía, o emprego e a sociedade. É evitable?
Antón Costas Comesaña
Economista

11.00 h Pausa café

11.30 h Demografía: tendencias, retos e oportunidades. O futuro en 15 anos

Economía prateada e oportunidades: a revolución gris
Vicente Rodríguez Rodríguez
Profesor de Investigación de OPIS
INSTITUTO DE ECONOMÍA, XEOGRAFÍA E DEMOGRAFÍA. CSIC

Demografía e talento
Alfonso Jiménez Fernández
Presidente
PEOPLEMATTERS

12.30 h A demografía en Galicia. Cara onde nos diriximos
Manuel Blanco Desar
Economista e politólogo

Andrés Precedo Ledo
Catedrático de Xeografía Humana
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

13.15 h A demografía e o reto no futuro
Antonio Garrigues Walker
Presidente de honra
GARRIGUES

13.45 h Fin do encontro



PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •