BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornadas e Encontros Dircom - Conferencia: "Maximizar o valor achegado pola comunicación interna ao negocio", por Pablo Gonzalo

Mércores 25 de Abril de 2018

10:00-12:00

Sede Vigo


Require inscrición

Enlace aquí

A comunicación cos “públicos internos” preocupa e ocupa cada vez máis aos dircoms. Somos crecentemente conscientes de que a competitividade sostible dos negocios demanda, internamente, un desempeño comprometido dos profesionais e, cara fóra, a súa actuación como voceiros positivos da reputación da organización.

Durante a sesión sobre comunicación interna abordaranse as cuestións a seguir:

  • Como asegurar (e demostrar aos escépticos) o aliñamento entre os obxectivos de negocio e a comunicación interna?
  • Como mellorar o diálogo e o mutuo recoñecemento entre os directivos executivos e os responsables de comunicación interna?
  • Como incrementar os graos de credibilidade e de influencia das accións de comunicación entre os empregados?

Sobre Pablo Gonzalo

Consultor con máis de 25 anos de experiencia en Comunicación Interna, Xestión do Cambio e estímulo do Compromiso dos profesionais. Na actualidade é socio en Estudio de Comunicación (www.estudiodecomunicacion.com). Responsable da súa práctica de Comunicación con Empregados.
Doutor en Ciencias da Información, especializouse en procesos de Change Managment (xestión do cambio), nos cales presta grande atención ás expectativas dos profesionais e o seu aliñamento coa dirección das organizacións. Está especializado en investigación cualitativa e cuantitativa de percepcións e expectativas, estratexias de cambio cultural nas organizacións e, sobre todo, ferramentas e estratexias para acción no campo da comunicación interna.

Para calquera información adicional contacta con: galicia@dircom.org





PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •