BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Celebración do 40 aniversario de ASPACE

Actos arredor do 40 aniversario de ASPACE

Venres 20 de Outubro de 2017

19:00

Sede A Coruña

Aforo limitado

Previa recollida da invitación

A asociación ASPACE Coruña celebra neste ano 2017 o seu 40 aniversario. E para conmemorar estas catro décadas de traballo e esforzo polas persoas con parálise cerebral e as súas familias, a entidade realiza un grande acto institucional na Fundación Barrié da Coruña a partir das 19.00 h.
 
Este evento servirá para dar visibilidade ao colectivo de persoas con parálise cerebral e as súas capacidades, e tamén para agradecer o apoio incondicional de tantas persoas, empresas, institucións públicas e privadas, que axudaron a que ASPACE Coruña sexa hoxe en día un referente na atención e integración.
 
O acto, que contará coa presenza do Presidente da Xunta, D. Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde da Coruña, D. Xulio Ferreiro, incluirá unha conferencia maxistral do Dr. D. Ángel Carracedo Álvarez, Catedrático de Medicina Legal da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, titulada "As razóns biolóxicas da diversidade".
 
Os asistentes tamén poderán gozar da proxección dun vídeo institucional polos 40 anos de ASPACE Coruña e da actuación da cantante Rosa Cedrón.

PROGRAMA

APERTURA

D. Antolín M. Rodríguez Martínez
Presidente de ASPACE Coruña

CONFERENCIA MAXISTRAL
“As razóns biolóxicas da diversidade”
Prof. Dr. D. Ángel Carracedo Álvarez
Catedrático de Medicina Legal da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

PRESENTACIÓN VÍDEO
40 anos coa parálise cerebral

INTERVENCIÓN
Sr. D. Xulio Ferreiro Baamonde
Alcalde da Coruña

CLAUSURA
Sr. D. Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia

ACTUACIÓN MUSICAL
Rosa Cedrón



PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •