Inicio / Presentación do proxecto de catalogación do fondo de fotografía antiga do Museo Sorolla

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Presentación do proxecto de catalogación do fondo de fotografía antiga do Museo Sorolla

Joaquín Sorolla Bastida. Retrato

Museo Sorolla

Martes 04 de Abril de 2017

10:00

Museo Sorolla (Madrid)

Ata completar aforo

Aberto ao público

O Museo Sorolla presenta o proxecto de catalogación do seu fondo de fotografía antiga, realizado co apoio da Fundación Museo Sorolla e a Fundación Barrié.
 
Entre as coleccións que a viúva de Sorolla, Clotilde García del Castillo, deixou na casa familiar para a formación do Museo Sorolla, encóntrase unha importante colección de primeira orde con 6.608 fondos, formada por positivos antigos, unha serie de placas de vidro e rolos de material flexible (celuloide) que estarán a disposición de especialistas, investigadores e o público xeral. Esta colección constitúe unha ferramenta de primeira orde para o estudo do pintor e mais a súa obra, así como doutros moitos aspectos, familiar, social e en xeral de toda a súa época.
 
A consulta online da catalogación razoada está prevista para finais de xuño e foi posible grazas ao apoio da Fundación Museo Sorolla e a Fundación Barrié.

Data: martes, 4 de abril de 2017
Hora: 10h
Lugar: Museo Sorolla (Paseo del General Martínez Campos, 37, 28010 Madrid)
 
Asisten á presentación: 
- Miguel González Suela, Subdirector xeral de Museos Estatais do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
- José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Barrié
- Blanca Pons Sorolla, Presidenta da Comisión Permanente do Padroado da Fundación Museo Sorolla e bisneta do pintor
- Consuelo Luca de Tena, directora do Museo Sorolla.





ETIQUETADO EN: FONDO  ,  FOTOGRAFÍA ANTIGUA  ,  MUSEO SOROLLA

PRÓXIMOS EVENTOS