
VI Conferencia Xeral AEF
En novembro de 2016 a Fundación Barrié celebra o seu 50 aniversario, acollendo a VI Conferencia Xeral da Asociación Española de Fundacións (AEF), o 23 de novembro. Co apoio da Fundación Barrié, a AEF está a preparar un día de encontro e reflexión para todas as fundacións.
A Conferencia Xeral é unha boa ocasión para que os directivos das fundacións establezan, fortalezan e amplíen relacións persoais e institucionais; intercambien experiencias; e exploren posibilidades de colaboración. Tamén é unha oportunidade para que as fundacións, coa súa presenza e participación, trasladen á sociedade española un testemuño expresivo do amplo e intenso labor en actividades de interese xeral que, como sector, están a levar a cabo.
O programa da Conferencia Xeral complementarase cun concerto na Catedral de Santiago o mesmo 23 de novembro. A Conferencia Xeral será retransmitida co streaming nesta web e facebook live da Fundación Barrié.
Como principal novidade a respecto do formato de anteriores edicións, destaca a celebración da I Xornada Internacional de Comunicación e Filantropía que terá lugar o 24 de novembro coa participación de salientables profesionais de fundacións do ámbito nacional e internacional. PROGRAMA.
Grazas á colaboración da Fundación Barrié, a Conferencia Xeral será con entrada gratuíta previa inscrición. INSCRICIÓN
Programa (con tradución simultánea e intérprete de lingua de signos)
10.00 h. - 10.30 h. Inauguración
Interpretación musical a cargo de Fernando Buide del Real, compositor, pianista e organista; é doutor pola Universidade de Yale e antigo bolseiro da Fundación Barrié o cal interpretará a composición de seu Tres Preludios.
17.00 h. – 18.00 h. Mesa redonda e debate
María Isabel Pérez. Directora de Acción Social, Fundación Barrié
Maribel Ramos Vergeles. Directora da Unidade de Desenvolvemento Estratéxico, RAIS Fundación
David Cabo. Director Fundación Civio
Modera: Clara Navarro. Co-fundadora, Fundación Ship2B

VIDEO
Rolda de prensa: Concerto Catedral de Santiago 1ª parte
Fundación Barrié
VI Conferencia Xeral AEF
Fundación Barrié
CONTIDOS RELACIONADOS