Inicio / Simposio

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Don Darío Villanueva, director da RAE, impartirá a conferencia “Realidade, ficción e posverdade” co gallo da Xornada de Nadal 2017

Mércores 27 de Decembro de 2017
11:30

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié acolle unha conferencia a cargo de Darío Villanueva, director da Real Academia Española, organizada pola Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié co gallo da súa tradicional Xornada de Nadal. O relatorio versará verbo do fenómeno da posverdade, un termo incluído no Diccionario de la lengua española este mes de decembro, e o seu impacto na política, na comunicación e na sociedade en xeral.

 


PROGRAMA 

11.11.30-11.45 h. Recepción dos asistentes

11111.45-12.00 h. Benvida a cargo de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e Fernando González Laxe, presidente da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié

12.12.00-13.15 h. Conferencia: “Realidade, ficción e posverdade” por Darío Villanueva Prieto, director da Real Academia Española (aberta ao público ata completar a capacidade do local).

“O adxectivo postruth que o Oxford Dictionary declarou palabra do ano 2016 callou no español como o adxectivo « postverdad» que o Diccionario de la lengua española incluirá na súa versión dixital en decembro de 2017. A conferencia trata de determinar as orixes, non só lexicográficas senón tamén filosóficas deste concepto, que é moi representativo da sociedade posmoderna…”

13.13.15-14.00 h. Mesa Redonda: É a #posverdad un resultado da sociedade dixital? Historia, mitos e consecuencias. moderada por Fátima Carmena Mayorga, CEO Nasas, Axencia Creativa de Márketing Online (aberta ao público ata completar a capacidade do local):

  • Francisco Seoane Pérez (bolseiro de máster de 2003), experto en comunicación, profesor de xornalismo e comunicación audiovisual da Universidade Carlos III de Madrid.
  • Xosé Luis Pastoriza Rozas (bolseiro de máster de 2006), profesor de historia da filosofía e consultor na cooperación para o desenvolvemento.
  • Cristina Gómez Román (bolseira de investigación de 2013), experta en psicoloxía, docente e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela.






ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  POSVERDADE  ,  DARIO VILLANUEVA

PRÓXIMOS EVENTOS