Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado / Conferencia Manuela Mena

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Voo das meigas e A Marquesa de Santa Cruz. Francisco de Goya"

FRANCISCO DE GOYA Y LUCIENTES. Voo das meigas, h. 1798 (detalle)

Museo Nacional do Prado

Xoves 01 de Decembro de 2016

20:00

Sede Vigo

Aforo limitado

Aberto ao público

Manuela Mena
Xefa de Conservación de Pintura do Século XVIII e Goya, Museo do Prado
Título: Voo das meigas e A Marquesa de Santa Cruz. Francisco de Goya

ResumoVoo das meigas, de 1798, e A Marquesa de Santa Cruz, de 1805, son dúas obras de Francisco de Goya que entraron no Museo do Prado en 1999 e 1986. O Museo, en ambas as ocasións, e o seu Real Padroado entenderon a significación destas pinturas na obra do artista, e todo o que ían achegar ao Prado, ao que ambas engrandecen. De xénero moi distinto, cadro de gabinete e retrato aristocrático, son exemplos únicos da capacidade de invención de Goya e do seu uso da metáfora para representar a realidade. O seu destino foi, como as máis das obras do artista, para a aristocracia máis sinalada, só un chanzo por baixo dos reis: os duques de Osuna e os marqueses de Santa Cruz. O voo das meigas enlaza coas ideas expresadas por Goya nos Caprichos, do mesmo período, e A Marquesa de Santa Cruz cos ideais do neoclasicismo, tan alleos ao artista.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  PRADO  ,  ARTE  ,  MUSEO  ,  GOYA  ,  MARQUESA DE SANTA CRUZ

PRÓXIMOS EVENTOS