Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado / Conferencia Miguel Falomir

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Agasallar pinturas. Da Colección Real ao Museo do Prado"

BERNARDO LÓPEZ PIQUER. María Isabel de Braganza, Raíña de España, como fundadora do Museo do Prado, 1829 (detalle)

Museo Nacional do Prado

Xoves 17 de Novembro de 2016

20:00

Sede A Coruña

Aforo limitado

Aberto ao público

Miguel Falomir
Director Adxunto de Conservación e Investigación, Museo do Prado
Título: Agasallar pinturas. Da Colección Real ao Museo do Prado

Resumo: Os fondos do Museo do Prado adoitan catalogarse segundo a súa procedencia e así falamos da Colección Real, Museo da Trindade e novas adquisicións. Nesta conferencia propoñemos desprazar o foco de atención á maneira como ingresaron as obras, sexa na antiga Colección Real ou, desde 1819, no xa constituído Museo do Prado. Se o fixeramos, decatariámonos que un número moi elevado das obras mestras non chegaron ás mans dos monarcas ou do Museo do Prado como resultado dunha transacción económica, senón como agasallos ou doazóns. A intención do conferenciante é analizar as motivacións que subxacían e subxacen tras estes agasallos e doazóns, identi­ficar os seus responsables e mesmo aventurar unha tipoloxía destas prácticas, sen as cales o Museo do Prado non sería o que é hoxe.





PRÓXIMOS EVENTOS