Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Amigos do Museo Raíña Sofía / Conferencia Francisco Calvo Serraller

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "A arte española entre o lume e o cristal" dentro do ciclo “Do presente ao pasado. Vangarda e tradición na arte española contemporánea”

Xoves 19 de Xaneiro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Francisco Calvo Serraller

Catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
Título: A arte española entre o lume e o cristal

Resumo: Fronte ao tópico romántico que aseguraba que a sensibilidade artística española -ou o máis xenuíno dela- era dunha pegada realista de marcado acento expresionista, como así se acreditaba tanto entre os mestres históricos como entre os máis dos contemporáneos, na presente conferencia tratarase de demostrar que o veleno da súa inspiración foi máis rico e complexo, dunha natureza bipolar. Porque, xa desde o século XVI, xunto a esa corrente de orientación naturalista, houbo outra de carácter máis analítico-xeométrica, manténdose a tensión deste enfrontamento ata practicamente a actualidade. Neste senso, coa denominación metafórica do "lume", alúdese á creación plástica de corte máis visceral, realista e expresionista, mentres coa do "cristal" á súa alternativa máis mental, ideal e xeometrizante. Ás veces, esta dicotomía pódese seguir como coexistentes correntes paralelas, pero tamén pode ocorrer que ambas se produzan sucesivamente na traxectoria dun mesmo artista. Nun curso que rastrexa os antecedentes históricos da arte española contemporánea, é moi interesante salientar esta peculiaridade, xa que non só aclara máis e mellor a identidade da arte española, senón que pondera de forma máis axeitada o seu valor e as súas posibilidades. Para presentar este panorama revisaranse de xeito visual obras características de ambas as correntes ao longo dos últimos cinco séculos.





PRÓXIMOS EVENTOS