Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Real Asociación Amigos do Museo Reina Sofía / Conferencia Marga Paz

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "Os dous hemisferios do sagrado: Bill Viola e Anish Kapoor"

Marga Paz

Robalt

Xoves 24 de Maio de 2018

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Marga Paz
Directora-Xerente, Real Asociación Amigos do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
Título: Os dous hemisferios do sagrado: Bill Viola e Anish Kapoor

Resumo:  Nunha sociedade secularizada como a nosa, definir o papel do sagrado na cultura visual contemporánea é un asunto complexo. En primeiro lugar porque os artistas foron fieis seguidores da idea de que o progreso da modernidade tiña que ir da man dun distanciamento que os separou e liberou definitivamente das tradicións relixiosas, ás cales estiveran universalmente ligados desde as primeiras civilizacións. Porén, logo do baleiro deixado pola morte de Deus, as experiencias espirituais, místicas, numeosas, sublimes ou metafísicas xogaron un papel crucial na constitución das formas artísticas da arte do século XX e XXI.

Estas confrontacións do sagrado e do profano estiveron presentes na arte moderna e contemporánea, como mostra a obra dunha longa listaxe de artistas -entre os que se encontran Anish Kapoor e Bill Viola- cuxas heteroxéneas prácticas difiren radicalmente entre si.

A escultura abstracta de Anish Kapoor foi vinculada a unha noción universal e arquetípica do sagrado por unha lectura que tivo en conta, ademais das súas orixes - educado no hinduísmo do seu pai e no xudaísmo da súa nai – a súa relación persoal co budismo, o taoísmo, o cristianismo e os principios psicoanalíticos de Jung.

Bill Viola é o artista contemporáneo máis achegado ao que foi considerado unha dimensión teolóxica da experiencia transcendente. Nas súas instalacións utiliza unha sofisticada tecnoloxía multimedia que mestura luz, imaxe, movemento e son así como unha iconografía e unha estética inspiradas nas tradicións místicas orientais e occidentais que van desde o budismo zen, ao sufismo islámico e o misticismo cristián da Idade Media e o Renacemento.





PRÓXIMOS EVENTOS