BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Sorolla e a pintura naturalista internacional de entreséculos XIX-XX”

Museo Sorolla

Mércores 22 de Febreiro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Tomás Llorens
Historiador da arte
Título: Sorolla e a pintura naturalista internacional de entreséculos XIX-XX

Resumo: Aínda que ao rematar a súa formación artística o pintor valenciano Joaquín Sorolla elixiu Madrid como punto de residencia, a súa carreira profesional forxouse sobre todo a través das súas viaxes e dos seus envíos de pintura ás grandes exposicións internacionais que balizan a época do cambio de século. Salienta en primeiro lugar a súa relación con París. A súa presenza repetida no Salon de la Société des Artistes Français ao longo da década dos 90 culmina coa súa achega á Exposición Universal de 1900, onde obtivo unha medalla de ouro, e finalmente coa súa enorme e exitosa exposición de 1906 nas Galerías Georges Petit. No panorama que ofrece a riquísima vida artística internacional dese período a historiografía actual destaca a presenza dos pintores impresionistas e a aparición dos postimpresionistas, mais, cando se atende aos textos da época, non cabe dúbida ningunha de que a corrente artística e literaria dominante é o naturalismo. Tras terse confrontado co academicismo, ter abranguido a idea de progreso e terse identificado coa vida moderna a partir de 1870, o naturalismo sofre ao longo das dúas décadas de entreséculos un proceso de diversificación e transformación profunda que acabará esfumando as fronteiras que o separan das novas tendencias idealistas e esteticistas (os simbolismos en primeiro lugar) que paradoxalmente naceran durante a fin de século para opoñérselle. Conectada con ese mundo de referencias cambiantes a pintura de Sorolla, ao tempo que madura, evoluciona tamén ao longo do eixe naturalismo-esteticismo para construír unha das identidades artísticas máis poderosas do seu tempo.

Tomás Llorens
Nado en 1936, Tomás Llorens é un historiador da arte que traballou profesionalmente no eido da docencia universitaria, como profesor das Universidades de Portsmouth (Reino Unido), Barcelona, Xirona e Alacante e, a partir de mediados dos anos 1980, no eido dos museos. Neste segundo ámbito dirixiu o Instituto Valenciano de Arte Moderno, o Museo Nacional e Centro de Arte Reina Sofía e o Museo Thyssen-Bornemisza. Xubilado das súas actividades profesionais en 2005, dedícase na actualidade ao estudo da historia da arte.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  SOROLLA  ,  IMPRESIONISMO  ,  PINTURA  ,  MUSEO  ,  TOMÁS LLORENS

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •