Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Amigos do Museo Raíña Sofía / Conferenciantes Ciclo de conferencias: "Do presente ao pasado. Vangarda e tradición na arte española contemporánea"

Francisco Calvo Serraller

Catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid

Francisco Calvo Serraller é doutor en Filosofía e Letras na especialidade de Historia da Arte pola Universidade Complutense, da que é catedrático de Historia da Arte Contemporánea desde 1989. É membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando desde 2001. Foi Director do Museo do Prado. É colaborador habitual do diario El País. Foi comisario de numerosas exposicións: Naturezas españolasO século de PicassoGoya. A imaxe da mullerFlores españolas do Século de OuroPicasso: Tradición e Vangarda, entre outras. Entre as súas numerosas publicacións cabe salientar os libros a seguir: Teoría de la pintura del Siglo de Oro (1981), Artistas españoles entre dos fines de siglo: de Eduardo Rosales a Miquel Barceló (1991), "Las Meninas" de Velázquez (1996), El arte contemporáneo (2001), Extravíos (2011), Introducciones Al Museo Del Prado (2015). En colaboración con Juan Pablo Fusi escribiu El espejo del tiempo. La historia y el arte de España (2009).

Manuela B. Mena Marqués

Xefa de Conservación de Pintura do século XVIII e Goya, Museo do Prado

Manuela B. Mena Marqués, é doutora en Historia da Arte pola Universidade Complutense. Na actualidade e desde 1996 é Xefa da Área de Conservación de Pintura do Século XVIII e Goya. Iniciou a súa carreira como profesora de Historia da Arte na Universidade Complutense e máis tarde na Universidade Autónoma de Madrid. En 1980 ingresou no Museo do Prado como Conservadora de Debuxos e Estampas, sendo responsable da Subdirección de Conservación e Investigación entre 1981 a 1996, ademais de ser membro do Real Padroado do Museo de 1990 a 1996. A súa primeira exposición no Museo foi sobre Acuarelas de Turner; e en 1982, a conmemorativa do centenario de Murillo, en que se expuxeron por primeira vez en España os debuxos do artista. Entre as moitas exposicións que comisariou no Prado destacan Manet no Prado (2003-2004), Goya en tempos de guerra (2008), Francis Bacon (2009), As meninas de Richard Hamilton, 2010, A Beleza Encerrada. De Fra Angelico a Fortuny  (2013) y Goya en Madrid. Os cartóns de tapices.

Juan José Lahuerta

Director da Cátedra Gaudí, Escola de Arquitectura de Barcelona

Juan José Lahuerta é Xefe de Coleccións do Museo Nacional de Arte de Cataluña e profesor de Historia da Arte na Escola de Arquitectura de Barcelona. Entre os seus últimos libros poden citarse Religious Painting. Picasso and Max von Moos (2014), Photography or Life. Popular Mies (2015), On Loos, Ornament and Crime (2015), Marginalia. Aby Warburg, Carl Einstein (2015), Antoni Gaudí. Fuego y cenizas (2016). Pertence ao consello de redacción de Casabella (Milano) e é fundador de Mudito & Co (Barcelona). Foi asesor do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (Madrid), membro do Collegio Docente del Istituto Universitario di Architettura di Venezia IUAV, conservador do Museu Picasso (Barcelona) e profesor en New York University.

Agustín Sánchez Vidal

Catedrático Emérito de Historia da Arte (Cine e Outros Medios Audiovisuais), Universidade de Zaragoza

Agustín Sánchez Vidal é catedrático Emérito de Historia da Arte (Cine e Outros Medios Audiovisuais) na Universidade de Zaragoza e foi profesor convidado en varias universidades estranxeiras, como as de Princeton e Nanterre. En 1980 colaborou con Luis Buñuel na edición da súa Obra Literaria, que revisou xunto ao cineasta. En 1988 gañou co seu libro Buñuel, Lorca, Dalí: el enigma sin fin o premio "Espello de España" de Editorial PlanetaDedicou tres monografías a Dalí, nas editoriais Alianza, Electa e Aldeasa; e en 2004 fíxose cargo do tomo terceiro das súas Obras Completas para Ediciones Destino. Colaborou no volume que a Mostra do Cinema de Venecia dedicou a Buñuel en 1984, no monográfico sobre L'Age d'Or publicado en 1993 polo Centro Pompidou e en retrospectivas como Salvador Dalí: os anos mozos, organizada en 1994 pola Hayward Gallery e o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía; e Dalí and Film, organizada en 2008 pola Tate Modern.