Calvo Serraller Fundación Amigos do Museo do Prado

Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Calvo Serraller Fundación Amigos do Museo do Prado

PORQUE ME VICHES, CRICHES. O NOVO TESTAMENTO NA ARTE

Ciclo de conferencias 2019 en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado

As conferencias son de entrada libre ata completar a capacidade do recinto e celebraranse os xoves 7, 14, 21 e 28 de novembro e 4 de decembro ás 20.00 horas na sede da Fundación na Coruña.

Cando despois de resucitar, Cristo apareceuse aos apóstolos, un deles, Tomás, estaba ausente. “Vimos ao Señor” dixéronlle os seus compañeiros ao volver atoparse con el, ao cal Tomás contestou que se non vía o sinal dos cravos e non metía os dedos nas chagas, non crería. Oito días máis tarde, Xesús volveu aparecerse en medio deles e convidou a Tomás a que metese os seus dedos nas súas mans e a súa man no seu costado. Cando Tomás o recoñeceu dicíndolle “Meu Señor, meu Deus!”, Xesús contestoulle: “Porque me viches, criches. Benaventurados os que non viron e creron”.
 
Este curso trata do que ao longo da historia se debuxou, se pintou, se esculpiu, en definitiva, o que se fixo visible para que crésemos. Dende os frescos das catacumbas de Roma ata as crucifixións de Francis Bacon, innumerables creacións das máis importantes da historia da arte occidental están inspiradas polas ideas, as historias e os personaxes contidos no Novo Testamento. Sen o seu coñecemento non é posible entender dous milenios de arte, incluíndo boa parte do que non podemos considerar relixioso. Este ciclo, que completa o que a Fundación dedicou ao Antigo Testamento no curso 2015-2016, analiza esa influencia da forma máis ampla e integradora posible da man de relevantes especialistas, nacionais e internacionais, facendo fincapé nas artes plásticas e nas coleccións do Museo do Prado.


PROGRAMA

A CORUÑA (2019)

 7 novembro:  María Madalena: unha “venus” cristiá, por Manuela Mena, historiadora da Arte.

14 novembro:    "E o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra”: dous milenios da Anunciación na arte, por Alicia Rodés, historiadora da Arte.

21 novembro:  Ecce Homo (Velaquí o home): a presenza humana, por Xavier Bray, director, The Wallace Collection, Londres.

28 novembro:  In petra, sub gratia: a monumentalización dos ciclos evanxélico e escatolóxico na arte románica, por Marta Poza, profesora de Historia da Arte, Universidade Complutense.

 4 decembro:   O Novo Testamento na pintura contemporánea, dende Picasso ata Bacon, por Javier Barón, xefe de Conservación de Pintura do Século XIX. Museo Nacional do Prado.





Manuela Mena


Alicia Rodés


Xavier Bray


Marta Poza


Javier Barón


Conferenciantes

CONTIDOS RELACIONADOS