Fundación Amigos do Museo do Prado

Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado

A BIBLIA NO PRADO

Ciclo de conferencias en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado

A Fundación Barrié inaugura unha nova edición do ciclo de conferencias que se celebra cada ano, desde 1999, en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado, e na súa proposta para 2015-2016 conta coa colaboración dos mellores especialistas nacionais e internacionais para profundar no estudo das claves esenciais da iconografía cristiá presentes no Antigo Testamento, texto que foi fonte de inspiración, reflexión e reinterpretación ao longo dos séculos nas máis diversas disciplinas, converténdose nunha das claves fundamentais para comprendermos o devir dos tempos e o noso mundo e arte actuais.

As conferencias son de entrada libre ata completar aforo e celébranse os xoves 5, 12 e 19 de novembro ás 20.00 horas na sede da Fundación na Coruña. O ciclo trasládase en decembro á sede da Fundación en Vigo e conclúe no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, en febreiro de 2016.

PROGRAMA

A CORUÑA (2015)

5 novembro: Panóptico de mulleres bíblicas, por Francisco Calvo Serraller, catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid

12 novembro: “Que me bique co bico da súa boca”: as interpretacións visuais do Cantar dos Cantares, por Rocío Sánchez Ameijeiras, profesora de Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela

19 novembro: Adán e Eva, por Gonzalo M. Borrás, catedrático emérito de Historia da Arte, Universidade de Zaragoza

VIGO (2015)

3 decembro: Cando o Paraíso non era ningún paraíso (ou o Edén en Mesopotamia) por Pedro Azara, profesor de Estética, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona

10 decembro: Experiencias sobre o Templo de Salomón, por Alfonso Rodríguez e Gutiérrez de Ceballos, académico numerario, Real Academia de Belas Artes de San Fernando

17 decembro: Un tempo de cantar e un tempo de calar. A música nos escritos bíblicos, por Ramón Andrés, ensaísta e músico.

SANTIAGO DE COMPOSTELA (2016)

18 febreiro: Xénese veneciana: de Adán a Noé, por Miguel Falomir, director adxunto de Conservación e Investigación, Museo do Prado

25 febreiro: A Biblia no cine, por Luis Alberto de Cuenca, profesor de Investigación, Consello Superior de Investigacións Científicas
 


Conferencistas


Nota de Prensa


Conferencia Luis A. de Cuenca

CONTIDOS RELACIONADOS