Inicio / Sala de prensa / 29ª Convocatoria de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro 2018

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié convoca 10 bolsas para a realización de estudos de Máster en centros académicos de todo o mundo.

01-12-2017

  • A Fundación Barrié convoca un total de 10 bolsas para realizar estudos de Máster no estranxeiro, dirixidas a titulados universitarios vinculados a Galicia cunha excelente traxectoria académica, investigadora e/ou profesional.
  • Desde a súa creación en 1990, 670 bolseiros, todos líderes emerxentes, profesionais e expertos vinculados a Galicia, beneficiáronse do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro. Este programa xorde do compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas. Trátase dunha das contribucións máis notables da Fundación Barrié á comunidade, cun investimento acumulado de máis de 40 millóns de euros.
  • O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 4 de decembro ata o 5 de febreiro de 2018. Bases completas e formulario de solicitude dispoñibles en  www.fundacionbarrie.org.

Bolsas de Posgrao no Extranxeiro
© Fundación Barrié

A Coruña, 1 de decembro de 2017.- A Fundación Barrié, consciente da importancia da formación para o desenvolvemento de persoas e comunidades, convoca a 29ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro. O prazo de presentación de solicitudes para a realización de estudos de Máster abre o luns, 4 de decembro.

O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro xorde do compromiso da Fundación Barrié por promover a sociedade do coñecemento, dando así un pulo definitivo ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia a través da educación e capacitación do seu activo máis valioso: as persoas.       

Como en edicións anteriores, o Programa persegue un triplo obxectivo:

  • facilitar o acceso ao coñecemento das mellores técnicas, métodos e procedementos;
  • proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural; e
  • contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, profesionais e culturais de titulados universitarios vinculados a Galicia.
Trátase dunha das contribucións máis notables da Fundación á comunidade, cun investimento acumulado de máis de 40 millóns de euros do cal se beneficiaron 670 bolseiros desde a creación do Programa en 1990.

Nesta edición ofrécense 10 bolsas para a realización de estudos Máster en todas as áreas do coñecemento, durante o curso académico 2018 - 2019, en institucións estranxeiras de referencia internacional, dirixidas a titulados universitarios con nacionalidade española e vinculados a Galicia.           

Prazo de presentación de solicitudes: 4 de decembro de 2017 – 5 de febreiro de 2018
 
As bolsas teñen unha duración dun curso académico, prorrogable por un segundo curso cando a duración dos estudos que se van realizar así o requira. A dotación económica será dun máximo de 50.000 euros anuais e poderá aplicarse total ou parcialmente aos seguintes conceptos: unha dotación inicial para gastos de desprazamento e instalación, asignacións mensuais en concepto de aloxamento, manutención; e os gastos de inscrición e matrícula no centro de destino. En termos xerais, a convocatoria contempla todas as áreas do coñecemento e está dirixida a titulados universitarios vinculados a Galicia.       
 
As bases completas e formularios de solicitude están dispoñibles en www.fundacionbarrie.org.   

A FUNDACIÓN BARRIÉ E A EDUCACIÓN

Desde a súa creación, en 1966, a Fundación apoiou a Educación e a capacitación do activo máis valioso de Galicia, as persoas. Conta cunha ampla traxectoria e experiencia no desenvolvemento de proxectos relacionados coa educación, como o impulso de infraestruturas educativas (as escolas de Arquitectura na Coruña ou a de Enxeñaría Industrial en Vigo), ou outras convocatorias de bolsas. No ámbito da xestión do talento, a Fundación Barrié traballa tamén en colaboración con entidades privadas, universidades e organismos públicos, promovendo programas de innovación educativa e fomento de competencias. Entre 1968 e 2017, a Fundación Barrié concedeu 15342 bolsas que van desde o ensino primario ata os posgraos no estranxeiro. 
 
A Fundación Barrié é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, dedicada a promover o desenvolvemento de Galicia e orientada, desde os seus inicios, en 1966, a detectar e desenvolver o mellor talento. As súas áreas de actividade son a Educación, a Acción Social, a Ciencia, o Patrimonio e a Cultura.       

A ASOCIACIÓN DE BOLSEIROS DA FUNDACIÓN BARRIÉ     

A Fundación Barrié conta cunha activa Asociación de Bolseiros, creada en 1996, que ten preto dun milleiro de integrantes, todos beneficiarios dos programas de bolsas para investigación, estudos universitarios ou ampliación de estudos universitarios en España ou no estranxeiro. A Asociación desenvolve actividades encamiñadas a facilitar aos seus asociados o contacto con institucións profesionais e académicas de ámbito galego, nacional e internacional e sempre a manter e alimentar o vínculo da Fundación cos seus bolseiros.

Neste sentido, serve de vehículo para canalizar as actividades daqueles bolseiros que queran pór ao servizo de Galicia e, en particular da Fundación, os seus coñecementos e experiencia, para que a formación adquirida durante o transcurso dos seus estudos e investigacións transcenda o ámbito da mellora persoal e reverta no avance da sociedade galega. (http://becarios.fundacionbarrie.org)