Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística

Este libro foi presentado como tese de doutoramento en 1994 na Universidade de Santiago de Compostela. A versión agora publicada arrequentouse con referencias bibliográficas, así como con novos datos, textos literarios e outros aspectos de interese. A obra aborda por primeira vez o estudio dun xeito global de tódalas falas nadas na chamada Terra Navia?Eo. Delimítase primeiramente a fronteira entre o galego e o asturiano para establecer máis tarde, despois da descrición de diferentes fenómenos lingüísticos, distintas áreas dialectais en relación co galego común. O feito de ser esta unha zona xeográfica situada fóra dos límites da comunidade autónoma de Galicia ten condicionado o proceso de normalización da lingua no medio escolar, nos cultos, na administración, etc. Tales aspectos desenvólvense no capítulo reservado á situación sociolingüística. Os textos de carácter etnográfico e literario escolmados no segundo volume constitúen un bo complemento para coñecermos en toda a súa dimensión a cultura occidental do Principado.

Xoán Babarro González
Biblioteca Filolóxica Galega

A Coruña, 2003
ISBN: 84-95892-14-6
2 volúmenes
Rústica. Tamaño: 23 x 17 cm.

27.00€

ADD