Home / Publications / Publications

Publications

A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Ruffo

Tras o prestixio que a disciplina veterinaria acadara con autores latinos como Pelagonio ou Vexecio e despois da atencion prestada polos cientificos arabes ao cabalo, imprescindible nas contendas belicas e importante tamen en numerosas transformacions das estruturas economicas do mundo medieval, a primeira obra sobre o asunto escrita en Occidente foi redactada na corte de Federico II de Sicilia, o contexto se cadra mais propicio para levala a cabo, ao estar aberta a innumerables influencias culturais. A regulamentacion do emperador da marescalla Sicilie, sobre as atencions que había que prestar aos equidos para mellorar a raza e a necesidade de formar persoal especializado, e unha boa mostra do interese sobre esas cuestions no espazo referido. Ese e, en efecto, o contexto no que se debe enmarcar a xenese do De medicina equorum de Giordano Ruffo, ao que compre outorgar una importancia pioneira nos estudos sobre a veterinaria equina a partir do seculo XIII, non so pola sua ampla difusion, en latin e romance (manuscrita e impresa), senon tamen pola influencia que exerceu nos textos posteriores sobre a materia.

Gerardo Pérez Barcala
Biblioteca Filolóxica Galega

A Coruña, 2013
ISBN: 978-84-9752-092-8
714 páginas
Rústica. Tamaño: 23 x 17 cm

25.00€

ADD