BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Charla de Luis Fraga "Como seducir o editor dun informativo de televisión"

Xoves 06 de Outubro de 2016
19:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Require inscrición

Enlace aquí

Actividade Exclusiva para Socios titulares de Dircom
Prazas limitadas e reservadas por estrita orde de confirmación.
Imprescindible confirmación de asistencia
galicia@dircom.org

A emisión dunha noticia empresarial positiva nun informativo de televisión segue a ser un logro apetecible para calquera dircom, malia a consolidación dos medios dixitais. Para millóns de persoas a principal fonte de información, cando non a única, é a vella tele.
Mais a cantidade de noticias que chega ao editor é abraiante. Axencias de noticias, gabinetes de comunicación, as seccións da cadea, as ideas do propio profesional, os espectadores… Todos compiten por “coar” unha noticia na escaleta dun informativo. Que prácticas podemos recomendar para poder superar eses filtros? Que erros debemos evitar? En definitiva, como se seduce a un editor? Ese é o contido da sesión afterwork que o xornalista Luis Fraga, con ampla experiencia na edición de radio e televisión, protagonizará o próximo 6 de outubro na sede da Fundación Barrié na Coruña.
 
Sobre Luis Fraga
Ferrol (1971), Máster de Investigación Aplicada á Comunicación pola Universidade Rey Juan Carlos y licenciado en Xeografía e Historia pola UNED.
A súa traxectoria profesional desenvolveuse sempre no ámbito da Comunicación, de xeito especial nos medios audiovisuais:
Na TELEVISIÓN, vinculado a Antena 3 durante dezaoito anos:  presentador durante 8 tempadas de Las Noticias de la Mañana, coeditor de Las Noticias del Fin de Semana. Na Televisión de Galicia foi presentador de Bos Días.
 
Os seus inicios profesionais déronse na RADIO: Radio Ferrol Cadena SER (1989) e, entre 1990 e 1997, no grupo de radio de La Voz de Galicia –Antena 3 radio, máis tarde Radio Voz–.
Na actualidade, ademais da devandita actividade nos medios, desempeña outros labores profesionais nos ámbitos da docencia, eventos e asesoría en comunicación.
 
 
Actividade Exclusiva para Socios titulares de Dircom
Prazas limitadas e reservadas por estrita orde de confirmación.
Imprescindible confirmación de asistencia
galicia@dircom.org





ETIQUETADO EN: DIRCOM  ,  COMUNICACIÓN  ,  EDITOR

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •