BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornada "A xestión sostible dos residuos na economía circular"

Venres 12 de Maio de 2017

09:30-14:15 y 16:30-19:00

Sede A Coruña

Aforo limitado

Require inscrición

Enlace aquí

A Fundación Barrié acolle na súa sede coruñesa A xestión sostible dos residuos na economía circular,  unha xornada promovida por SOGAMA coa finalidade de explicar á cidadanía os pasos que se deben de seguir na transición cara a un modelo de desenvolvemento circular no cal os residuos sexan concibidos como recursos de valor.

Aberto o prazo de inscrición e a información está a disposición dos interesados na web de SOGAMA.
 
Para acudir ao evento, deberán enviar un formulario cos seus datos. As persoas que asistirán á xornada recibirán un diploma acreditativo.

Programa

09:30 h. Recepción de asistentes
 
10:00 h. Acto inaugural a cargo da Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.
  
Presenta e modera Javier Domínguez, Presidente de Sogama.
 
10:15 h. A xestión dos residuos urbanos nun marco europeo de economía circular. 
 Relator: Jean Pierre Hannequart, Presidente de Honra da Fundación para a Economía Circular.
 
11:00 h. Plan de Acción Economía Circular. Estado da negociación das Directivas de Residuos.    
 Relatora: Margarita Ruiz Saiz-Aja, Subdirectora Xeral Adxunta de Residuos (Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural. Secretaría de Estado de Medio Ambiente. Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente).
  
11:45 h. Pausa-Café 
 
12:00 hPlan Galego de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020. Instrumentos, obxectivos e resultados provisionais. 
 Relatora: María Cruz Ferreira Costa, Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio-Xunta de Galicia).
 
12:45 h. O papel dos SIG na economía circular:

  • Ecoembes. Fernando Blázquez Andrés, Xerente Zona Norte
  • Ecovidrio. Germán Fernández Freire, Xerente Galicia
  • Recyclia. Julio Lema, Director Comercial e Comunicación
14:15 h. Fin da xornada de mañá
 
Tarde
 
16:30 hA ampliación de Sogama. Garantía de futuro para Galicia
 Relator: Isidro García Téllez, Director Xeral de Sogama.
 
17:15 h.  O potencial da valorización enerxética. Situación en España e Europa. 
 Relator: Mikel Huizi Leiza, Director Xeral de Zabalgarbi.
 
18:00 h.  O papel da vermicompostaxe na autoxestión da materia orgánica.
 Relator: Sergio Quiroga Rivero, Director de I+D e Produción de Ecocelta.
 
18:45 h. Conclusións e clausura polo Presidente de Sogama, Javier Domínguez.



ETIQUETADO EN: SOGAMA  ,  RESIDUOS  ,  ECONOMÍA CIRCULAR

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •