Inicio / Sala de prensa / Nota de Prensa Xornada Nadal ASOBECA

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Bolseiros da Fundación Barrié reúnense o luns 28 de decembro, na Coruña, con expertos en innovación sanitaria para debater como mellorar a transferencia de descubrimentos médicos á práctica clínica

22-12-2015

  • “Innovación sanitaria en Galicia” é o título desta xornada, na que baixo o formato de mesa redonda aberta ao público, expertos en biomedicina, robótica e xestión sanitaria abordarán o reto de facilitaren a transferencia de descubrimentos científicos á práctica clínica en Galicia.
  • Esta xornada enmárcase no tradicional Encontro de Nadal da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, que conta con case un milleiro de membros de todas as convocatorias de bolsas da Fundación.
  • Preto de 200 bolseiros asistirán a este encontro, que tamén se poderá seguir por Twitter mediante o “hashtag” #SanidadBarrie.

A Coruña, 22 de decembro de 2015.- A Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié celebrará o luns 28 de decembro, a partir das 12.00 horas, na súa sede da Coruña (Cantón Grande, 9), a súa tradicional Xornada de Nadal baixo o título Innovación sanitaria en Galicia, e que contará coa participación de relatores de recoñecido prestixio e coñecemento, como: Rodrigo Gómez Ruiz. coordinador da Plataforma de Innovación Sanitaria do SERGAS, quen presentará as iniciativas institucionais para mellorar a xestión e a práctica médica en Galicia; Pedro Arenas, CEO de Qubiotech, unha iniciativa empresarial de base innovadora dedicada ao desenvolvemento de novas ferramentas tecno-informáticas para a mellora do diagnóstico, tratamento e seguimento médico; Rafael López, oncólogo e co-fundador da start-up médica Nasas Biotech, unha spin-off do Sergas apoiada polo Fondo de Ciencia da Fundación Barrié que mellora o tratamento das células metastásicas do cancro; Joaquín Peñalver de Andrés, enxeñeiro biomédico que cursa un máster nesa especialidade na Universidade Técnica de Delft, en Holanda, cunha bolsa da Fundación Barrié; e por último intervirá Ana José Varela, directora xeral de investimentos da Fundación Barrié, a fin de explicar as achegas da Fundación a proxectos de I+D públicos para o desenvolvemento de ciencia e tecnoloxía.
O Fondo de Ciencia da Fundación Barrié financiou cinco proxectos de investigación, cun total de dous millóns e medio de euros investidos. O Fondo foi creado en 2011 co triplo obxectivo de promover a investigación de excelencia, a transferencia dos resultados científicos e tecnolóxicos xerados no sistema de investigación á sociedade, e abrir a ciencia e a I+D pública ao investimento privado, para o cal apoia a xeración de oportunidades de investimento baseadas en desenvolvementos científicos e tecnolóxicos.
A xornada tuitearase a través do perfil de Twitter da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié (https://twitter.com/BarrieBecarios) co hashtag #SanidadBarrie.