Directora de Comunicación e Imaxen Corporativa

Suzana Mihalic

Licenciada pola Universidade de Maribor, Eslovenia. Tras dirixir o departamento de comunicación do Centro Galego de Arte Contemporánea durante catro anos, exerceu como Directora de Comunicación da Fundación Barrié entre 1999 e 2006. Desde entón seguiu estreitamente vencellada á Fundación como Asesora de Comunicación colaborando, ademais, con outras institucións públicas e privadas como a Fundación Botín, a Fundación Banco Santander ou a Fundación La Caixa. Volve incorporarse á Fundación Barrié en 2015.