TVG comeza a emitir “Base Tecnolóxica”, un programa divulgativo do trabajo dos centros públicos de investigación de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié
A Coruña, 3 de septembro de 2012.- Co fin de apoiar a ciencia, fomentar as vocacións científicas e investigadoras e achegar a ciencia ao cotián, a Fundación Barrié iniciou unha colaboración con TVG para a serie BaseTecnolóxica sobre as actividades dos centros públicos de investigación en Galicia, facendo fincapé no seu impacto na mellora da calidade de vida dos cidadáns.
A serie, que conta con 14 episodios sobre temas como a nanotecnoloxía, os biomateriales, a seguridade hospitalaria ou a intelixencia artificial, mostra o traballo e os resultados de investigación de grupos punteiros pertencentes ás tres universidades galegas, así como ao CSIC e a IDICHUS (a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Complexo Universitario de Santiago). Así mesmo, un dos capítulos presenta as accións de apoio á investigación e a ciencia da Fundación Barrié, cunha entrevista de Javier López Martínez, director xeral da Fundación.
As reportaxes emítense os sábados ás 15.15 horas na primeira canle da TVG e reflicten a viabilidade e a oportunidade de utilizar as innovacións creadas nos centros de investigación como fundamento para un desenvolvemento sostible do noso país, especialmente en relación á competitividade das Pemes e a creación de emprego. A serie describe o proceso que vai dende a creación dos novos coñecementos científicos nos laboratorios ata a posta en valor destes en forma de produtos e servizos punteiros.
Dpto. Comunicación Fundación Barrié
981 060 091 - Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
www.fundacionbarrie.org