Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado / Conferencia: "Renacemento e manierismo na escultura dos Leoni"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "Renacemento e manierismo na escultura dos Leoni"

LEONI, LEONE. O emperador Carlos V, detalle

Museo Nacional del Prado

Xoves 08 de Febreiro de 2018

20:00

Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago

Ata completar aforo

Aberto ao público

Fernando Checa
Catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense
Título: Renacemento e manierismo na escultura dos Leoni

Ciclo de conferencias 2017-2018: A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

Desde os inicios do Renacemento, a escultura de bronce ou de mármore recorreu á inspiración na antigüidade clásica como o medio favorito de expresar, a través da tridimensionalidade, unha determinada imaxe do poder. É desde este punto de vista desde o que debemos comprender a obra dos escultores Leone e mais o seu fillo Pompeo Leoni, cuxas esculturas para o emperador Carlos V, así como as fundidas para Filipe II en relación co Escorial, supoñen unha das grandes achegas do Renacemento á definición plástica do poder político a través da sofisticación técnica e formal que permitía a arte da época, á vez clásica e manierista. Obras como Carlos V e o Furor (Museo do Prado) ou as esculturas tubulares da basílica do Escorial encóntranse entre as achegas máis xeniais do Renacemento no eido da escultura de bronce.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  MUSEO DO PRADO  ,  XENIOS  ,  LEONI  ,  RENACEMENTO  ,  MANIERISMO  ,  FERNANDO CHECA

PRÓXIMOS EVENTOS