Inicio / Axenda / Exposición: "Os mundos de Carlos Casares"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Exposición: "Os mundos de Carlos Casares"

Mércores 28 de Xuño de 2017
19:30
Presentación

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Xoves 29 de Xuño de 2017
Domingo 23 de Xullo de 2017
12:00-14:00 y 18:00-21:00
Luns pechado

Sede A Coruña


A exposición Os mundos de Carlos Casares ten como obxectivo celebrar a vida e a obra do escritor ourensán (1941-2002) na clave dun percorrido vital, unha viaxe polo espazo e polo tempo. Construíndo un mapa emocional, debuxando un territorio, contando unha historia coas súas propias palabras.
Máis alá dunha intención retrospectiva, a exposición ofrece diferentes marcos nos que se desenvolve a relación de Carlos Casares co mundo, nunha sucesión de territorios simbólicos: Paisaxes, Luzadas, A viaxe, “Conviña que...” e O redondel, que van explicando as cuestións fundamentais da súa vida, a súa produción literaria e o seu compromiso co país e coas súas xentes.
Cinco espazos metafóricos diferenciados, pero permeables grazas a unha coidada montaxe fundamentada na transparencia, que permite debuxar escenas e activar experiencias sociais, políticas, educativas e artísticas. A cartografía resultante devolve unha imaxe que aspira ser completada polo público; unha viaxe de ida e volta, circular, que nos permitirá revisitar a escena cultural galega nas cinco últimas décadas do século XX, recuperando unha visión de Carlos Casares e dos seus lugares, que aspira conectar coas xeracións máis novas.





ETIQUETADO EN: EXPOSICIÓN  ,  CARLOS CASARES

PRÓXIMOS EVENTOS