Inicio / Patrimonio e Cultura / Exposicións / Graciela Iturbide / Inauguración Exposición: "Graciela Iturbide"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Exposición: "Graciela Iturbide" - Inauguración

16. Nosa Señora das Iguanas, Juchitán, México, 1979 Xelatina de prata Coleccións Fundación MAPFRE

Graciela Iturbide, 2018

Mércores 24 de Outubro de 2018

20:00
INAUGURACIÓN

Sede A Coruña

Aforo limitado

Aberto ao público

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición da artista mexicana Graciela Iturbide, considerada como unha das fotógrafas máis influentes de América do Sur. A mostra, composta por 156 fotografías, propón unha viaxe transversal pola obra de Graciela Iturbide que, partindo das súas imaxes máis antigas, chega ata a súa obra máis recente. Sen atender a unha estrita orde cronolóxica, os seus proxectos máis representativos quedan ligados a aquelas temáticas que mellor definen o seu poderoso imaxinario creativo.
 
Con esta exposición, a Fundación Barrié prosegue a súa aposta pola contemporaneidade da fotografía, e continúa a súa liña de exposicións temporais dedicada a clásicos da fotografía, que permitiu amosar as imaxes de grandes fotógrafos como Paul Strand, Arnold Newman, Edward Weston, Alfred Stieglitz, Ansel Adams, Català-Roca ou do brasileiro Caio Reisewitz.

Lugar: Fundación Barrié, Cantón Grande, 9 - 15003 A Coruña





ETIQUETADO EN: EXPOSICIÓN  ,  FOTOGRAFÍA  ,  GRACIELA ITURBIDE

PRÓXIMOS EVENTOS