Inicio / Sala de prensa / Nota de prensa exposición de Rafael Moneo en Madrid

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A exposición "RAFAEL MONEO. Unha reflexión teórica desde a profesión. Materiais de arquivo (1961-2016)" estará no Museo Thyssen-Bornemisza ata o 11 de xuño de 2017

03-04-2017

A Fundación Barrié presenta no Museo Thyssen-Bornemisza (Madrid) unha mostra retrospectiva da obra de Rafael Moneo. A exposición é unha coprodución da Fundación Barrié, o Estudio Rafael Moneo e o Museo Thyssen-Bornemisza.

De esquerda a dereita: Rafael Moneo, Pilar Romero Vázquez-Gulías, vicepresidenta da Fundación Barrié, e José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié
© Fundación Barrié

A Fundación Barrié presenta en Madrid unha mostra retrospectiva da obra de Rafael Moneo. A exposición é unha coprodución da Fundación Barrié, o Estudio Rafael Moneo e o Museo Thyssen-Bornemisza.

Tras o seu paso por diversas sedes internacionais, chega ao Museo Thyssen-Bornemisza, do 4 de abril ao 11 de xuño de 2017, Rafael Moneo. Unha reflexión teórica desde a profesión. Materiais de arquivo (1961-2016), a primeira gran retrospectiva dedicada ao arquitecto español. Comisariada por Francisco González de Canales, profesor da Universidade de Sevilla e da Architectural Association de Londres, a exposición abrangue unha escolma de 121 debuxos, 19 maquetas e 152 fotografías dun total de 52 proxectos emblemáticos do arquitecto. Alén diso, coincidindo co 25 aniversario do Museo, a exposición conta cunha pequena mostra, comisariada polo arquitecto José Manuel Barbeito, que recolle a historia do Palacio Villahermosa desde mediados do século XVIII ata a súa transformación, en 1992, para se converter no Museo Thyssen-Bornemisza.

Para máis información (nota de prensa, lista de obras, imaxes) preme aquí.


Datas exposición: do 4 de abril ao 11 de xuño de 2017

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes