ESPERTAMOS ÁS ARTES
E POR QUE IMOS XUNTOS AO TEATRO?
Como vivir a experiencia do teatro cos nosos fillos
Propoñemos o seguinte DECÁLOGO de pautas para facilitar a visita ao teatro, disfrutar ao máximo da función e continuar a experiencia teatral na casa. Non se pretende que estas pautas se tomen ao pé da letra, senon que sirvan como suxerencias puntuais, xa que a experiencia teatral non é unha fórmula matemática e debemos permanecer abertos ao inesperado.
ESPERTAMOS ÁS ARTES 2013
ESPECTÁCULOS E OBRADOIROS
Baixo o título de Espertamos ás Artes 2013, a Fundación Barrié ofrece dende o 21 de febreiro e ata o próximo 9 de marzo, na súa sede de A Coruña, unha serie de espectáculos didácticos concebidos para que os máis pequenos da casa poidan iniciarse no mundo do teatro, a música e a danza e potenciar a súa sensibilidade e intelixencia emocional mediante as artes escénicas.
Espertamos ás Artes diríxese a nenos no seu entorno familiar, con espectáculos durante os fines de semana, e escolar, entre semana. A edición deste ano do ciclo intensificará o seu enfoque educativo coa programación de obradoiros dirixidos a familias e a profesionais da Educación Infantil.
Con Espertamos ás Artes, a Fundación márcase o obxectivo de ofrecer unha proposta didáctica na que bebés e nenos de ata 4 anos disfruten de espectáculos creados para potenciar a súa sensibilidade e se acheguen por primeira vez ao mundo dos títeres, a danza, o teatro e a música nun espazo escénico específicamente adaptado a eles.
Actividades didácticas Jessica Stockholder
Fundación Barrié - Vigo
14/12/2012 ao 31/03/2013
CAMPAMENTOS DE NADAL/ TALLERES/ VISITAS COMENTADAS
Prazo de inscrición aberto dende o 19/12/2012
Jessica Stockholder é unha artista contemporánea cuxa obra se inscribe no que chamamos "pintura expandida". A clásica división de disciplinas (pintura, escultura e arquitectura) e o concepto de "marco" son eliminados nos seus traballos. A pintura expándese, desbórdase, ocupa o espazo permitindo engadir á experiencia da contemplación pictórica, o elemento temporal que proporciona a posibilidade de transitala. Unha pintura onde o tempo se experimenta.
OBRADOIROS/CAMPAMENTOS DE VERÁN/VISITAS GUIADAS
Diseño de Sistemas. Escuela de Ulm. Escola de Deseño educaBarrié
Fundación Barrié– Vigo
7 xuño – 14 outubro 2012
OBXECTIVOS
- A empatía cara ao traballo dos compañeiros e as opinións dos demais.
- A achega de novas ideas.
- Pasalo ben a través do diálogo, o xogo e o compañeirismo.