MAPA DO SITIO   |    CONTACTO ESP | GAL | ENG | 
  Actividades > Actividades didácticas > Actividades Didácticas Type in Motion

Actividades Didácticas Type in Motion

OBRADOIROS/CAMPAMENTOS DE VERÁN/VISITAS GUIADAS

Type in Motion. Laboratorios Creativos de Tipografías en Acción

Fundación Barrié-A Coruña

24.05.2012 ao 23.09.2012

 

Prazo de inscripción aberto desde o 24.05.2012

“O verbo é a acción, o demais é decorado”

 A. Grijelmo

A base metodolóxica do programa educativo parte da consideración da tipografía como unha forma expresiva non só de información, senón tamén de ideas e emocións.

Para reforzar esta dimensión emocional da tipografía recórrese ao movemento, ao ritmo, á cor, á tridimensionalidade e á creatividade.   

Servirémonos de diversos soportes e técnicas para acadar estes obxectivos pero principalmente recorreremos á técnica de animación Stop-Motion (foto a foto) que permite animar, dotar de vida e movemento, calquera obxecto.

Lazslo Moholy-Nagy creou o “Foto-Tipo” combinando tipografías sans serif con fotos en branco e negro. Jan Tschihold defendeu a fotografía como fonte tipográfica “por ser outra forma de linguaxe óptica”. El Lissitzsky en 1924 deseña para Tinta Pelikan o primeiro cartel publicitario nado da técnica do fotograma. Marinetti di en 1914: “A ortografía e a tipografía libre expresiva serven para expresaren a mímica do rostro e a xesticulación do narrador”. É “o xestual da linguaxe viva”, dixo El Lissitzsky, quen deseña o Conto dos 2 cadrados (para nenos) no cal “a acción se desenvolve como nun filme”. Sérvese de procedementos anagramáticos, onde as palabras son cortadas en sílabas ou reducidas a formas abstractas que son recompostas segundo un esquema plástico ou expresivo. Deixan atrás o seu significado (unívoco) para cargarse de sentidos múltiples e “acoller as proxeccións fantasmais do lector”.

Jorge Luis Borges desenvolve a mesma idea en Labiblioteca de Babel: ...Unha escritura que xa non é sinónimo de contido, senón sinónimo de información, é dicir, de forma. Que non necesariamente ten sentido, senón que mostra o profundo azar sobre o que se constrúe a linguaxe e a realidade.

 

OBRADOIROS

LETRAS VIVAS  (4-5 anos)

Idade:  4-5 anos

Nº participantes: máximo 26 nenos por grupo

Horarios: de luns a venres (10.00h a 11.00h / 12.00h a 13.00h / 16.00h a 17.00h / 18.00h a 19.00h)

Duración: 60 minutos

(Logo da reserva no telf. 981 060 095, de martes a venres, de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 21.00h)

A visita á exposición:

Trazaremos un percorrido polas diferentes áreas temáticas da exposición, onde nos centraremos nunha serie de obras que nos permitirán propor diversos tipos de asociacións. Para iso teremos que exercitar...

A observación. Son letras e palabras que non entendemos, mais, ¿podemos facernos unha idea de que nos están a contar? Observaremos con detemento como se moven, o seu ritmo, o que nos transmiten as súas cores, as súas formas e trataremos de relacionalo con historias, ideas, emocións... e todo o que se nos ocorra.

E a música?, letra e imaxe están fortemente vinculadas á música, polo que esta nos achegará moitísima información, sobre todo de tipo emocional.

Compartiremos as diferentes asociacións nun diálogo participativo e, sobre todo, moi divertido.

O obradoiro:

Abecedario Humano.

A aprendizaxe das letras está profundamente asociado a vínculos emocionais.

Que sucedería se eles mesmos formasen parte das letras?

Transformaremos o coñecemento do abecedario nunha experiencia emocional na cal serán protagonistas. Utilizarán os seus corpos, en todas as posturas que consideren necesarias, de pé ou tombados no chan, para formaren asdiferentes letras do abecedario. Aínda que algunhas letras se poden formar cunha soa persoa a maioría precisarán de varios participantes. Fotografaremos cada letra para configurarmos un abecedario que se converterá nun recurso útil para a aula.

 

Baile de Letras.

E se agora intentamos crear letras en movemento para formarmos palabras ao ritmo dunha canción?

Neste caso servirémonos de diversas dinámicas de xogo para organizarmos unha divertida “danza” de letras coa cal comporán unha sinxela mensaxe que documentaremos en vídeo. Utilizaremos un sinxelo programa informático que nos permitirá visualizar e editar a gravación.

Queres ver un Abecedario Humano realizado por adultos?:

http://mariaxhe.blogspot.com/2011/03/abecedario.html

­­­­­­­­­­­­

PALABRAS EN LIBERDADE  (6-12 anos)

Idade:  6-12 anos

Nº participantes: máximo 26 nenos por grupo

Horarios: de luns a venres (10.00h a 11.30h / 12.00h a 13.30h / 16.00h a 17.30h / 18.00h a 19.30h)

Duración: 90 minutos

(Logo da reserva no telf. 981 060 095, de martes a venres, de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 21.00h)

A visita á exposición:

Realizaremos un percorrido polas diferentes áreas temáticas da exposición, onde encontraremos todo tipo de soportes e recursos creativos que utilizan tipografías en movemento.

Mediante a observación, a análise e o diálogo desentrañaremosas técnicas creativas e recursos tecnolóxicos utilizados polos mellores deseñadores.

O obradoiro:

Os deseñadores normalmente parten dun texto ao cal buscan ou para o cal crean o tipo de letra que mellor expresa a mensaxe. É dicir, adaptamos a forma da letra ao contido da comunicación.

Un sinxelo xogo colectivo permitiranos practicar este proceso creativo: escollemos ao azar unha letra. Pensamos que palabras comezan por ela, escribímolas nunha folla. A continuación imaxinamos como se pode escribir cada palabra co obxecto, propiedade física, verbo, substantivo, adxectivo, etc... que nomea. Describirán ou debuxarán a solución. Exemplos: A-ire (globos unidos formando cada letra), A-lento (bafo no cristal, escribimos co dedo), A-nimal (as pegadas dun animal formando as letras), A-ceite (facemos as letras con botellas, con líquido derramado sobre asfalto, con patacas fritas nunha tixola), A-mor (con corazóns, con persoas en parellas formando letras), B-rando (con acolchados, coxíns, inchables), B-icicleta (debuxando as letras coas súas rodas sobre area ou con pintura), D-uro (de pedra, de metal), E-lástico (con goma de mascar, con gomas elásticas, gomas do pelo), etc.

Que pasa se invertemos o proceso?

Se se nos proporcionan uns materiais e temos que escribir con eles as ideas, conceptos e asociacións que poden suxerir. Por exemplo, analizando as súas características físicas (brando, duro, elástico, flexible, ríxido, lixeiro, pesado, pegañento, etc.) podemos crear palabras nas cales forma, materia e contido expresen a mesma idea.

E se ademais os dotamos de movemento, é dicir, animámolos para reforzar a mensaxe?.

MATERIA – FORMA – MOVEMENTO

Partimos así dun material, con el configuramos unha forma (de letras, palabras) que finalmente se anima. Utilizando a técnica de animación Stop-Motion as posibilidades son practicamente infinitas. Pódense realizar animacións con fichas de parchís, gomets, plastilina, globos, chinchetas, dados, pedras, roupa, coches de xoguete, etc. O obxectivo é que reparen en que se poden facer letras con case calquera cousa:

-estira, dobra, engurra,  (roupa, gomas elásticas, papel, escuma, etc.)

-coloca, move, coloca (case calquera obxecto ríxido)

Trátase de propor un amplo abano de materiais e técnicas creativas que nos permitan relacionar materia, forma e movemento con conceptos, ideas e o que se nos ocorra.

Queres coñecer creacións tipográficas realizadas con técnicas similares?:

http://vimeo.com/22894905

http://vimeo.com/24514128

http://vimeo.com/2271435

http://vimeo.com/29274467

http://vimeo.com/20000658

http://vimeo.com/28346998

http://www.behance.net/gallery/Liquid-type-in-motion/2036945

 

PIXEL E-MOTION  (13-14 anos)

Idade: 13-14 anos

Nº participantes: máximo 26 nenos por grupo 

Horarios: de luns a venres (10.00h a 11.30h / 12.00h a 13.30h / 16.00h a 17.30h / 18.00h a 19.30h)

Duración: 90 minutos

(Logo da reserva no telf. 981 060 095, de martes a venres, de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 21.00h)

A visita á exposición:

Realizaremos un percorrido polas diferentes áreas temáticas da exposición, onde encontraremos todo tipo de soportes e recursos creativos que utilizan tipografías en movemento.

Mediante a observación, a análise e o diálogo desentrañaremosas técnicas creativas e recursos tecnolóxicos utilizados polos mellores deseñadores.

O obradoiro:

As modernas tecnoloxías multimedia actuais permiten formar e deformar letras tridimensionais que interactúan coa imaxe de vídeo proporcionando posibilidades creativas case ilimitadas. Polo xeral utilízanse complexos e caros programas informáticos que esixen, ademais de moito tempo, unha grande especialización e profesionalización. Pero non sempre foi así. Os primeiros computadores tiñan unhas capacidades de memoria e procesamento de datos moi limitadas. Os gráficos xerados por computador durante moito tempo realizáronse mediante grandes píxeles cadrados. Pero malia estes deseños “cuadriculados” varias xeracións de mozos emocionáronse con ese novo mundo virtual.

A actividade que propoñemos recupera ese mundo de grandes píxeles cadrados. Mais no cantode computadores recorreremos a unha imitación analóxica: substituiremos os virtuais píxeles por analóxicos Post-It.

A nosa “pantalla” será un gran mural confeccionado con centos de post-its pegados, formando unha gran cuadrícula amarela. Substituíndo os cadrados amarelos por outros de cores (laranxa, rosa, verde, azul) poderemos formar palabras e deseños que moveremos e transformaremos á nosa vontade, xerando unhaanimación foto a foto.

Mediante os recursos da forma (tipográfica) e o movemento (animación mediante a técnica Stop-Motion) trataremos de elaborar unha mensaxe que transmita emocións.

Para facilitarmos o traballo de deseño disporemos dun variado catálogo de formas e tipografías pixeladas. Por exemplo, mesturando dúas fontes tipográficas creamos unha nova, a máis sinxela para facer letras:

Esta tipografía utiliza unha cuadrícula de 5x3 para todas as letras agás a N (5x4) e a M (5x5). Os grandes deseños tipográficos realízanse mediante cuadrículas, pero con formas máis complexas que ademais incorporan curvas.

alt

Queres ver un exemplo do que se pode facer con esta técnica?:

http://youtu.be/mOQJEcHDKGc

 

FILMESTIPOGRÁFICOS  (15-17 anos)

Idade:15-17 anos

Nº participantes: máximo 26 nenos por grupo

Horarios: de luns a venres (10.00h a 11.30h / 12.00h a 13.30h / 16.00h a 17.30h / 18.00h a 19.30h)

Duración: 90 minutos

(Logo da reserva no telf. 981 060 095, de martes a venres, de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 21.00h)

A visita á exposición:

Realizaremos un percorrido polas diferentes áreas temáticas da exposición, onde encontraremos todo tipo de soportes e recursos creativos que utilizan tipografías en movemento.

Mediante a observación, a análise e o diálogo desentrañaremos as técnicas creativas e recursos tecnolóxicos utilizados polos mellores deseñadores de motion graphics, videoclips e secuencias de títulos de créditos de filmese televisión.

O obradoiro:

Realizaremos e editaremos en vídeo unha secuencia de créditos dun filme imaxinario: o noso propio filme.

Para iso teremos que seguir os seguintes pasos:

1-Xénero cinematográfico: Drama, Comedia, Bélico, Terror, Acción, Romántico, Musical, Experimental, etc.

2-Sinopse. A historia que queremos contar.

3-Título do filme. Créditos: produtor, director, guión, actores, fotografía, etc...

4-Catálogo tipográfico. Escolma de tipografías axeitadas.

5-Música. B.S.O.

6-Deseño de Animación de títulos. Story-board.

Para o deseño e a animación disporemos de todas as técnicas e materiais dispoñibles dos obradoiros PALABRAS EN LIBERDADE (6-12 anos) e PIXEL E-MOTION (13-14), ademais de diferentes programas informáticos para crear letras planas (2D), tridimensionais (3D), deformacións animadas (Morphing) e títulos animados sobre vídeo.

O resultado será a creación dunha secuencia de títulos de crédito que nos terá que transmitir o argumento, o contido, do filme.

Queres ver as tipografías utilizadas nos títulos de infinidade de filmes?

http://www.shillpages.com/movies/mt1950s.shtml

Queres descargar fontes tipográficas gratuítas para o teu computador?

http://www.dafont.com/es/

http://www.graffitifonts.com/

Queres coñecer webs sobre tipografías creativas?

http://friendsoftype.com/

http://ilovetypography.com/

 

O MEU RETRATO CON LETRAS (Familias)

Público: Público de familias (nenos a partir de 4 anos acompañados dun adulto)

Nº participantes: máximo 26 participantes por grupo

Horarios: sábados e domingos alternos de 12.00h a 13.30h e de 18.00h a 19.30 h

Datas:

-         Xuño:  2, 3, 16, 17 e 30

-         Xullo: 1, 14, 15, 28 e 29

-         Agosto: 11, 12, 25 e 26

-         Setembro:  8, 9, 22 e 23

Duración: 90 minutos

(Logo da reserva no telf. 981 060 095, de martes a venres, de 12h a 14h e de 18h a 21h)

Que pasaría se as letras actuasen como imaxes e con elas puidésemos realizar un retrato? Pódese facer un retrato con letras? Modelaremos o noso nome con plastilina. As letras serán deformadas á nosa vontade, paso a paso para xerar unha animación, até adquirir unha forma tipográfica en movemento que actúe como un auténtico retrato. 

Forma e Emoción

Utilizaremos a técnica de animación Stop-Motion denominada Claymation. Esta técnica refírese ás animacións foto a foto realizadas con obxectos moldeables, feitos de plastilina ou arxila. O movemento conséguese modelando.

Cada familia acudirá ao obradoiro coa súa propia cámara fotográfica

Procesaremos as fotografías co programa de edición de imaxes GIMP 2.6 con que realizaremos a animación.

O resultado final será un retrato tipográfico en formato de imaxe animada GIF.

Queres coñecer animacións tipográficas realizadas con plastilina?

http://vimeo.com/23154352

http://vimeo.com/23220595

http://vimeo.com/6285809

http://www.behance.net/gallery/Diseo-y-modelado-de-personajes-Letras/618807

 

PALABRAS EN ACCIÓN (Colectivos de Diversidade Funcional)

Nº participantes: variable, segundo grupo

Horarios: de luns a venres (10.00h a 11.30h / 12.00h a 13.30h / 16.00h a 17.30h / 18.00h a 19.30h)

Duración: 90 minutos

(Logo da reserva no telf. 981 060 095, de martes a venres, de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 21.00h)

A visita á exposición:

Realizaremos un percorrido polas diferentes áreas temáticas da exposición, onde encontraremos todo tipo de soportes e recursos creativos que utilizan tipografías en movemento.

Observaremos con detemento como se moven, o seu ritmo, o que nos transmiten as súas cores, as súas formas e trataremos de relacionalo con historias, ideas, emocións,... e todo o que se nos ocorra.

Mediante a observación, a análise e o diálogo desentrañaremosas técnicas creativas e recursos tecnolóxicos utilizados polos mellores deseñadores.

O obradoiro:

Disporemos de todos os recursos materiais, conceptuais e creativos de PALABRAS EN LIBERDADE (Primaria) e PIXEL E-MOTION (ESO) con que realizaremos animacións tipográficas que expresen os nosos sentimentos, emocións, desexos, etc.

Queres coñecer unha tipografía realizada con coches?

http://vimeo.com/5233789

 

A MIÑA FORMA TIPOGRÁFICA(Adultos)

Idade: Público adulto en xeral

Nº participantes: máximo 26 participantes por grupo (logo da reserva no telf. 981 060 095, de martes a venres, de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 21.00h)

Horarios:sesións dun día en horario de 18.00 a 19.30h

Duración: 90 minutos

A mellor forma de asimilarmos os contidos dunha visita a unha exposición é, sen dúbida, levar á práctica o visto e aprendido. Disporemos de todos os recursos materiais, conceptuais e creativos dos obradoiros didácticos de Type in Motion para liberar a nosa imaxinación e realizar emotivas animacións tipográficas que poderemos converter en mensaxes, felicitacións, pequenas historias ou o que se nos ocorra. A técnica de animación será o Stop-Motion (Claymation e Pixilation) e o formato o GIF animado.

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN

 

VERÁN DE DESEÑO

Todas as semanas de xullo, agosto e setembro

Quenda de mañás: de luns a venres de 10.30h a 13.30 h.

Quenda detardes: de luns a venres de 17.30h a 20.30 h.

Campamento de 5 días(3 horas x 5 días= 15 horas) en horario de mañá ou tarde (inscrición previa)

Idade: 6 a 13 anos

Nº participantes: máximo 15 participantes por grupo

Datas de realización:

-       Xullo: do 2 ao 6;  do 9 ao 13; do 16 ao 20 e do 23 ao 27

-       Xullo/Agosto: do 30 de xullo ao 3 de agosto

-       Agosto; do  6 ao 10; do 13 ao 17; do 20 ao 24 e do 27 ao 31

-       Setembro: do 3 ao 7; do 10 ao 14 e do 17 ao 21

Disporemos de todos os recursos materiais, conceptuais e creativos dos obradoiros didácticos de Type In Motion para liberar a nosa imaxinación e realizar emotivas animacións tipográficas que converteremos en Postais de Verán Dixitais. Con elas poderemos contar como gozamos do verán e das vacacións a amigos e familiares dunha forma orixinal e divertida. Todas as Postais de Verán Dixitais realizadas en VERÁN ANIMADO formarán parte do concurso POSTAIS de VERÁN ANIMADO.

Visita a nosa web, educabarrie.org, para máis información.

Queres ver proxectos que che poden proporcionar ideas?

http://vimeo.com/12735802

 

VISITAS GUIADAS

GRUPOS DE ADULTOS (RESERVA PREVIA)

Público: Publico adulto en xeral

Nº participantes: mínimo 10 / máximo 25 participantes por grupo

Horarios: despois da consulta

Duración: 60 minutos

(Reserva previa no telf. 981 060 095, de martes a venres, de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 21.00h)

 

PARTICULARES (SEN RESERVA PREVIA)

Público: Publico adulto en xeral                                                                   

Horarios: sábados e domingos de 20h a 21h (sen reserva previa)

Datas:

-         Xuño:  2, 3, 16, 17 e 30

-         Xullo: 1, 14, 15, 28 e 29

-         Agosto: 11, 12, 25 e 26

-         Setembro:  8, 9, 22 e 23

 Duración: 60 minutos