MAPA DO SITIO   |    CONTACTO ESP | GAL | ENG | 
  Actividades > Exposicións > Exposicións permanentes
Exposiciones permanentes

Reconstrución do coro do Mestre Mateo

Museo da Catedral. Santiago de Compostela

A Fundación promoveu o proxecto de reconstrución do coro pétreo que a finais do século XII esculpira, na catedral de Santiago de Compostela, o Mestre Mateo. Nunha sala acondicionada pola Fundación para tal efecto dentro do Museo catedralicio, poden ser contempladas máis da metade do cadeirado alto en pé, unha maqueta do coro íntegro, unha selección de pezas vivas e unha produción audiovisual. Un punto de información multimedia, a edición de publicacións imprimidas e un CD-ROM interactivo e enciclopédico no que se narra a historia, destrución e posterior reconstrución do coro, completaron este proxecto de recuperación dunha das xoias da arquitectura medieval, culminado en 1999.

Francisco Llorens (1874-1948)

Sede A Coruña

No ano 1988 Eva Lloréns, filla do artista, doou á Fundación Barrié os 59 óleos e debuxos dos que consta a colección, tan extensa como representativa, do pintor coruñés. A exposición mostra unha coidada selección de obra significativa da traxectoria artística de Francisco Lloréns que arranca co autorretrato da súa etapa romana, sen esquecer exemplos coloristas cunha marcada influencia sorolliana, ata obras realizadas en Galicia, incluíndo o seu último lenzo, A vela vermella.