MAPA DO SITIO   |    CONTACTO ESP | GAL | ENG | 
twitter facebook rss
AXENDA
  Actividades > Exposicións > Exposicións temporais
Exposiciones temporales

Exposición Type in Motion

 

TYPE IN MOTION

Unha exposición del Museum für Gestaltung Zürich❚Museo de Diseño de Zurich

Sede A Coruña, del 24/05 al 23/09/2012

A Fundación presenta, na súa sede de A Coruña, a exposición Type in Motion organizada en colaboración co Museo de Deseño de Zúric. A mostra ofrece un completo panorama da escena creativa internacional presente hoxe en día nos medios de comunicación. Baseándose en obras experimentais onde a tipografía asume o protagonismo, a exposición aproxima ao público a visión de deseñadores novos que exploran os novos formatos con enxeño e imaxinación ampliando as nosas oportunidades de «ler o mundo».

Tanto nas nosas pantallas domésticas, grandes ou pequenas, ou no cine, a dixitalización da vida cotiá ten creado unha situación na que periodicamente nos enfrontamos con palabras ou frases enteiras que se moven diante dos nosos propios ollos. Facendo gala da súa intelixencia creativa, os deseñadores utilizan un amplo abano de dispositivos para esta finalidade, chegando mesmo a converteren textos completos en imaxes dinámicas. Desta maneira logran expandiren a área visual da experiencia: recibimos unha gran cantidade de información nun espazo físico moi pequeno, divírtesenos dunha forma sorprendente, ou anímasenos a prestarmos máis atención ao que lemos. O ritmo dos textos a miúdo acompáñase de música ou sons. Type in Motion mostra unha escolma de vídeos musicais, películas publicitarias, curtametraxes, tráilers, taboleiros de anuncios electrónicos e fachadas mediais, postais dixitais e logotipos de todo o planeta que nos introducen nun mundo de texto en movemento. A exposición tamén inclúe experimentos con fontes de imprenta, presentados á maneira de instalacións interactivas, permitíndonos así albiscarmos o futuro.

ANUNCIOS

O feito de que o texto en movemento non adoite formar parte dun anuncio ou película publicitaria fai que o seu efecto sexa aínda máis sorprendente. Aínda que, e con bo criterio, o prioritario adoita ser a claridade da mensaxe, na película publicitaria dos cigarros “Gauloises Blondes” preséntasenos cada vez máis texto, até o punto de nos facer renunciar a seguir a ler, abraiados e divertidos a partes iguais. Outra alternativa é presentar un texto para ler que se escoita en locución simultaneamente, isto é, unha voz sen presenza visual –un concepto publicitario moi axeitado tanto para libros [Dinge geregelt kriegen] como para banca telefónica [First Direct], onde os clientes nunca se encontran cos empregados en persoa.

GRÁFICOS ANIMADOS

Naqueles gráficos animados que só duran uns poucos segundos, a utilización dunha tipografía que causa impacto adquire enorme relevancia. A modo de exemplo pódense citar os títulos dos programas de televisión ou os tráilers das páxinas web dos canais de televisión ou emisoras de radio, os cales deben establecer unha identidade visual no tempo máis curto posible. Iso mesmo pódese dicir das felicitacións de Aninovo ou as invitacións para asistir a actos que se envían por correo electrónico en forma de animacións, ou son colgadas nunha páxina web.

ESPAZO PÚBLICO

As fachadas mediais que cobren edificios enteiros atraen a nosa atención cada vez máis por mor do seu continuo movemento e, moitas veces, polos seus cambios de cor. As súas mensaxes poden ser actualizadas e, cando for necesario, a rotación de textos permite alcanzar unha alta densidade de información nun espazo limitado. Unha alternativa para as grandes pantallas LED actuais, aínda que polo momento só en prototipo, sería o Solar Display [Pantalla Solar] cos seus xigantescos píxeles de células solares que poden ser inclinadas, definindo así o aspecto visual do sistema á vez que subministra electricidade á pantalla.

VÍDEOS MUSICAIS

O texto en movemento dentro dunha imaxe en movemento moitas veces mantén unha estreita relación coa música. No caso dos vídeos musicais isto faise evidente de forma acústica e visual sobre todo nas letras das cancións que se len á vez que se escoitan, intensificando ambos os dous efectos e ás veces impulsándonos a cantarmos ao unísono. Dende o Subterranean Homesick Blues de Bob Dylan [1967], primeiro exemplo de vídeo dunha canción, onde no canto de cantar o músico deixa caer folios con anacos da letra da canción, até os primeiros vídeos musicais de verdade dos anos oitenta, esta conexión non perdeu un ápice do seu evidente atractivo. Unha serie de videoclips de artistas como Prince, Alex Gopher, No Doubt, Wir sind Helden, Kanye West ou mesmo Yello demostran que esta novidade ten chegado a todos os xéneros e estilos musicais.

CURTAMETRAXES

As curtametraxes son moitas veces experimentais. En Dialogue Judith Poirier imprimiu texto directamente sobre tiras de película de 16 e 35mm, bandas sonoras incluídas, polo que tanto a imaxe como o son veñen determinados polo texto. Mediante a utilización dunha densa montaxe de imaxe, fonte, palabra e son no seu ensaio fílmico The End of Print, David Carson explora os límites do lexible e ao mesmo tempo avoga, con ironía, polos medios dixitais. No vídeo musical The Child, do estudio francés H5, os personaxes, os obxectos e os edificios constrúense na súa totalidade con palabras.  Na monumental curtametraxe de cine negro Logorama os personaxes publicitarios animados móvense por un Os Ánxeles ficticio, construído con centos de logotipos polo mesmo estudio.

LONGAMETRAXES

As longametraxes adoitan comezar cunha secuencia de títulos que, a través do seu contido e deseño, ponnos en sintonía coa obra en cuestión. O uso de texto en movemento permite presentar de maneira atractiva, e a miúdo divertida, o que moitas veces constitúe unha inxente cantidade de texto sobre as persoas que interveñen na creación da película e as súas respectivas funcións. Neste sentido, a película Catch Me If You Can [Cólleme se podes] demostra unha particular elegancia narrativa: en retrospectiva, unha vez finalizada a película, a secuencia de títulos resulta ser un breve resumo da historia contada.

ENTRADA DE BALDE / Horario de exposición. Martes a domingo, festivos incluidos: de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h.

ACTIVIDADES DIDÁCTICAS GRATUITAS: Obradoiros didácticos para grupos / Campamentos semanais / Obradoiros para familias / Visitas guiadas

Type in Motion

Sede Vigo

Del 01 de diciembre al 01 de abril de 2012

La Fundación Barrié presenta, por primera vez en España, Type in Motion, una exposición del Museum für Gestaltung Zürich (Museo del Diseño de Zurich) que se mostrará en su sede de Vigo desde el 1 de diciembre hasta el 1 de abril de 2012. La exposición está comisariada por Andrés Janser, Conservador del Museum für Gestaltung Zürich.

Sea en la pantalla de nuestro ordenador, en la televisión o incluso en las fachadas de los edificios, debido a la digitalización de la vida cotidiana en muchas ocasiones nos encontramos ante el fenómeno de texto en movimiento. Esta exposición muestra estas nuevas maneras de “leer el mundo”.

Colección de Pintura Contemporánea Internacional

Sede A Coruña

Del 10 de noviembre al 18 de marzo de 2012

La Fundación presenta por primera vez la totalidad de los fondos de su colección de pintura contemporánea internacional, iniciada en 2008 y construida sobre el tradicional apoyo de la Fundación a las Artes desde diversos ámbitos.

La colección está planteada con el fin de dar respuesta a la pregunta “¿De qué hablamos cuando hablamos de pintura hoy?” y con ella la Fundación persigue traer lo mejor de la pintura contemporánea internacional a Galicia y acercar los mejores valores del arte gallego al mundo.