
Toni Puig, profesor de ESADE y experto en asociaciones de ciudadanos, ofrecerá el martes 23 de abril, a las 19.30 horas, en Ourense (Centro Cívico A Ponte, c/ Eulogio Gómez Franqueira, 43) la conferencia Reinventemos el movimiento asociativo de las asociaciones para movilizar la ciudad y los ciudadanos: branding y marketing público .
Con esta conferencia, abierta al público y de entrada libre, la Fundación Barrié y la Fundación de PwC inauguran el programa formativo de Más Social, un programa de fortalecimiento de la gestión del tercer sector creado para profesionalizar la gestión de las entidades sociales de Galicia, facilitándoles financiación para la contratación de profesionales, apoyo para el diseño de un plan estratégico de acción y un programa formativo.
Este programa formativo, que arranca con la conferencia de Toni Puig en Ourense, seguirá desarrollándose en las sedes de la Fundación Barrié de Vigo y A Coruña entre abril y octubre, con la participación de miembros de las 42 entidades gallegas seleccionadas que se beneficiarán de esta formación especializada en gestión de proyectos, gestión de personas, captación de fondos, o marketing, entre otros.
Toni Puig es profesor de branding y marketing público en el Instituto de Gobernanza y Dirección Pública de Esade. Coordinador de los centros cívicos del Ayuntamiento de Barcelona, consultor y profesor en seminarios para la creatividad y la gestión pública en el sector administrativo y asociativo así como conferenciante en universidades e instituciones españolas y latinoamericanas. Es autor de libros sobre cultura, marketing, comunicación, asociaciones, marca ciudad,etc. Ha publicado también numerosos artículos sobre el marketing en el sector no lucrativo. Licenciado en Teología y Diplomado en Función Gerencial en las administraciones públicas por el Centro de Desarrollo Directivo de Esade.
Entrada libre. Aforo limitado

A Fundación Barrié presenta unha nova edición do ciclo de conferencias que celebra dende 1999 en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado e que na súa programación 2012-2013 analizará a fortuna crítica e a maior ou menor visibilidade social de mestros xeniais de hoxe en día como Piero della Francesca, Botticcelli, Caravaggio, Georges de la Tour, El Greco, Velázquez, Hals, Vermeer ou C.D. Fiedrich, pero artistas menospreciados ou completamente descoñecidos antes da nosa época. Nesta edición, as conferencias celebraranse nas sedes de Vigo, A Coruña e no Paraninfo de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, como xa aconteceu no ciclo pasado.
Prazo de inscrición, conferencias Santiago de Compostela, Paraninfo Facultade de Xeografía e Historia: do 14 ao 25 de xaneiro do 2013

Cen investigadores das tres universidades galegas participaron no programa Competencias para Mozos Investigadores GRADschool da Fundación Barrié e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, en colaboración coas tres universidades galegas, deseñado para desenvolver as habilidades transferibles de estudantes de doutoramento.
Os GRADschool, creados en Reino Unido en 1968, forman parte da oferta formativa de universidades de referencia británicas como Cambridge, Oxford, Durham ou Essex e son un programa de referencia para a formación e o desenvolvemento dos investigadores noveis en Reino Unido. Estes cursos crean un ámbito de formación inspirador, desafiante e experimental no que os estudantes adquirirán competencias, ferramentas e información, que lles axudarán a completar o seu doutoramento, aproveitar o seu potencial e a tomar decisións sobre o seu futuro profesional.
A Fundación Barrié e a Xunta de Galicia trouxeron esta experiencia por primeira vez a España, con dúas edicións do programa celebradas en Santiago no mes de outubro e na Coruña en novembro.
Os cursos GRADschool permiten desenvolver e reflexionar sobre as competencias transferibles de cada alumno, observar como traballar en equipo e valorar o impacto do seu comportamento nos demais, desenvolver a súa eficacia e competencias comunicativas, e xestionar a próxima etapa da súa carreira. Trátase dun curso interactivo que ten un enfoque experimental ou de "learning by doing" (aprendizaxe práctica). As presentacións e os contidos teóricos son eixes complementarios do programa, xa que o condutor principal da instrución é a participación activa dos investigadores nas sesións formativas e o networking.
Os cursos foron liderados por un equipo de investigadores e consultores británicos da organización VITAE (entidade británica que se dedica dende 1964 a deseñar e impartir cursos competenciais para consellos de investigación con financiamento público), aos que acompañaron titores españois representantes do mundo da empresa e a investigación. En canto á estrutura dos cursos, os participantes divídense en grupos de 6-9 persoas que participan en varios exercicios simulados relacionados con ámbitos laborais e académicos. Cada grupo conta coa asistencia dun titor que lles axuda a facer un balance das experiencias e a establecer vínculos entre o vivido durante o exercicio, a súa investigación ou doutoramento e a súa futura carreira.
Este programa formativo ten unha clara motivación europeísta e internacionalizante. O ámbito da investigación está altamente internacionalizado e para maximizar o valor do seu traballo moitos investigadores necesitan comunicar o desenvolvemento do seu labor en linguas estranxeiras, moi particularmente o inglés. Os cursos GRADschool favorecen así mesmo a mellora da comunicación e as habilidades lingüísticas.
Para máis información visite GRADschools
A Fundación Barrié acollerá do 5 ao 9 de novembro unha reunión do Grupo III do Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC) na súa sede de Vigo
A Fundación Barrié na súa sede de Vigo acollerá actividades da única reunión que o Grupo III do Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC) celebrará en Europa para a elaboración do seu próximo informe de avaliación sobre mitigación do cambio climático e que reunirá 300 científicos de todo o mundo.
Sede A Coruña. 18 y 19 de Octubre. 9'00 h.
Organiza: Aedipe Galicia
Teléfono de contacto: 981 206 358
E-mail de contacto: galicia@aedipe.es
Sede Vigo. 20 de Septiembre. 19'00 h.
Organiza: IESE Business School