A Fundación Barrié crea educaBarrié, unha nova canle de comunicación entre a Fundación e a comunidade educativa.
educaBarrié nace como espazo de encontro e intercambio, un laboratorio en rede de experiencias educativas innovadoras que aglutina toda a oferta educativa da Fundación no marco das súas áreas de actuación: Patrimonio e Cultura, Educación e Investigación, e Servizos Sociais. Agora todos os recursos e actividades da Fundación están ao alcance da comunidade educativa de Galicia para formaren parte das actividades dos alumnos, nas aulas ou no ámbito familiar.
Benvidos á seguinte clase.