
Inmersos nun ciclo de profundos cambios sociais e económicos, a Fundación Barrié acomete unha nova e ilusionante etapa marcada pola implantación do plan estratéxico 2010-2014, co cal perseguimos unha maior eficacia e mellor cumprimento do noso obxectivo fundacional: promover o desenvolvemento de Galicia, fin sinalado por Pedro Barrié de la Maza cando creou a Fundación en 1966 e ao que deu continuidade a nosa anterior Presidenta, Carmela Arias, durante corenta anos.
Neste novo escenario, a Fundación mantén os seus sinais de identidade ao tomar a educación como piar da súa estratexia e apostar polo talento e a excelencia en prol da formación e preparación dos líderes que Galicia necesita, sexan do eido que sexan: económico, investigador, cultural, social… e para iso, é vital que sexamos quen de nos aproximar ás necesidades do cidadán do futuro.
Desde as nosas dúas sedes da Coruña e Vigo, e desde calquera punto onde esteamos a traballar, achegámonos tamén, e en maior medida, ao mundo da investigación e a innovación e seguimos a apostar pola cultura e o patrimonio como elementos sobre os que se sosteñen as raiceiras da nosa terra, ademais de apoiar o ámbito social, no cal implementamos, en solitario ou da man de entidades colaboradoras, programas que fortalezan as entidades sociais no desempeño do seu labor.
Para rematar, en nome de todo o Padroado e o equipo da Fundación, quero expresar o noso agradecemento a todas as institucións e persoas que se suman cada ano aos nosos proxectos e actividades e que apoian, coa súa participación, os nosos obxectivos e o noso compromiso con Galicia.
José María Arias Mosquera
Presidente da Fundación Barrié
Presidente Sr. Don José María Arias Mosquera
Vicepresidente Sra. Doña Pilar Romero Vázquez-Gulías
Vocal secretario Sr. Don Vicente Arias Mosquera
Vocales
- Ilma. Sra. Doña Amelia González de la Maza
- Sra. Doña María Luisa Martínez Poch
- Sra. Doña Loreto Arias Mosquera
- Sra. Doña Pilar Arias Romero
- Sr. Don Miguel Sanmartín Losada
- Sr. Don Joaquín Arias Romero
- Sr. Don Carlos Lema Devesa
- Excmo. Sr. Don José Carlos Dívar Blanco
- Excma. Sra. Doña Marta Silva de Lapuerta
- Excmo. Sr. Don Emilio Lora-Tamayo D'Ocon