MAPA DO SITIO   |    CONTACTO ESP | GAL | ENG | 
twitter facebook rss
AXENDA
  Fundación > Misión e historia

Misión e historia

A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial privada, xurdida da xenerosidade dunha persoa, o empresario e mecenas Pedro Barrié, e da dos seus continuadores. Creada o 5 de novembro de 1966, a Fundación destinou os seus recursos a programas e proxectos dirixidos a impulsar o desenvolvemento sostible de Galicia, cun especial pulo ás iniciativas vinculadas á educación e o fomento do talento. Declarada de interese galego pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia o 13 de xuño de 1986, e principal accionista de Banco Pastor cunha participación que ascende a un 42,18% a decembro de 2010, a Fundación financia as súas actividades cos rendementos que obtén do seu patrimonio.

Pedro Barrié de la Maza achegou en 1966, como dotación fundacional, 3.300 millóns de pesetas daquel tempo, e declarou ademais á Fundación como herdeira universal ao seu pasamento.

alt

A esta dotación inicial sumáronse posteriores doazóns feitas pola súa irmá Gertrudis Barrié e pola súa viúva, Carmela Arias, quen en 1981 doa á Fundación toda a súa fortuna. Baixo a presidencia de Carmela Arias y Díaz de Rábago (1920-2009), a Fundación desenvolveu unha firme traxectoria e converteuse nun referente no ámbito fundacional europeo, cunha intensa actividade desde as súas dúas sedes na Coruña e Vigo.

Na actualidade, presidida por José María Arias Mosquera, presidente de Banco Pastor, a Fundación renova cada día o seu compromiso con Galicia aplicando en todas as súas áreas de actuación estratexias nas cales prima o enfoque innovador, o rigor e a excelencia, pero tamén a proximidade, o fomento da participación e a accesibilidade de todos os galegos aos seus servizos e actividades.

Cronoloxía

14.500 bolsas de estudos
desde 1966
Estes son os números da Fundación Pedro Barrié de la Maza e dunha das súas actividades con maior repercusión: a concesión de bolsas de ampliación de estudos.



A Fundación conseguiu desta maneira que decenas de galegos senten nas aulas das universidades máis prestixiosas internacionalmente.

A Fundación convoca ademais máis bolsas á parte das de posgrao no estranxeiro: axudas a fillos de emigrantes galegos residentes no estranxeiro para calquera das Universidades galegas, unha bolsa anual para Bacharelato Internacional e bolsas para estudar nas mellores escolas musicais do mundo.