MAPA DO SITIO   |    CONTACTO ESP | GAL | ENG | 
twitter facebook rss
AXENDA
  Programas > Iniciativas sociais > Máis social: Segunda edición do Programa formativo

Máis social: Segunda edición do Programa formativo

O programa formativo de Máis Social ten como obxectivo que os responsables -membros das xuntas directivas e directivos- de entidades que prestan servizos sociais galegas melloren a súa formación e dispoñan de modelos e ferramentas de xestión que favorezan o éxito da súa organización no medio e longo prazo.

Dende a perspectiva do participante, o programa intenta conseguir os seguintes obxectivos: 

  • Dotar de modelos conceptuais que permitan deseñar de maneira clara a estratexia da entidade para a súa viabilidade no medio e longo prazo.
  • Facilitar os esquemas de traballo que permitan concibir unha estratexia sostible de captación de fondos.
  • Incorporar unha visión de comunicación e márketing efectiva que permita que a misión e actividades da institución sexan coñecidas por todos aqueles que poidan axudar a súa realización.
  • Desenvolver as capacidades para dirixir as persoas involucradas na organización, independentemente da súa condición de profesionais ou voluntarios.
  • Adquirir os coñecementos necesarios para a xestión das actividades da entidade seguindo as pautas de traballo da metodoloxía de xestión de proxectos.
  • Adestrar e desenvolver as capacidades para realizar presentacións convincentes de proxectos, particularmente enfocadas á captación de fondos.