A Fundación Barrié presta un apoio decidido á investigación científica, desenvolvendo mecanismos e estruturas que contribúen á xeración dun novo coñecemento científico-tecnolóxico en ámbitos tan relevantes como a biomedicina, a innovación tecnolóxica e a economía, coa creación dun Fondo de Inversión en Ciencia, o deseño e a posta en marcha de programas de formación e adestramento de alta calidade dirixidos a profesionais da transferencia de tecnoloxía, ou accións para acercar a investigación e a ciencia ao cotiá, e fomentar vocacións científicas que sexan a garantía do futuro. A Fundación cre firmemente na idea de estimular o desenvolvemento económico apoiando a investigación e a súa transferencia ao mercado, así como impulsando o desenvolvemento de carreiras investigadoras a través das bolsas de posgrao no estranxeiro.
Así a Fundación convértese nunha entidade de referencia na promoción da investigación de excelencia e da valorización de resultados científicos, favorecendo o desenvolvemento dun tecido produtivo altamente innovador en Galicia.
