O Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza (IEEG PBM) creado pola Fundación Barrié e o Banco Pastor en 1994, foi unha actividade da Fundación que, desde a independencia de criterio, tivo como fins o avance da ciencia económica de Galicia, a mellora do coñecemento da súa realidade socioeconómica e o desenvolvemento do seu capital humano nesta disciplina.
O obxectivo perseguido pola Fundación coa creación do IEEG PBM consistiu en dispoñer dun instrumento para o progreso en materia de coñecemento económico e a súa difusión, así como dun lugar de debate e de referencia intelectual sobre cuestións económicas, tanto para os responsables políticos como para os intereses privados en Galicia.
Para alcanzar os seus obxectivos de impulsar o progreso e a divulgación das ciencias económicas en Galicia, o IEEG PBM realizou investigacións sobre temas tanto de relevancia científica como de importancia práctica para a economía galega. Con iso, o IEEG PBM pretendeu fomentar a formación de economistas de investigación cun alto nivel de cualificación nas universidades de Galicia. Esta investigación, así como todas as demais actividades do IEEG PBM, estiveron a disposición tanto de todos os académicos interesados como do público en xeral.
CONFERENCIAS E LECCIÓNS DE ECONOMIA
Leccións de Economía é un ciclo de conferencias no cal reputados economistas de ámbito internacional e premios Nobel de Economía expoñen as súas opinións e puntos de vista sobre as problemáticas e tendencias económicas de ámbito mundial e a súa incidencia na economía de Galicia. Algúns destes relatores foron, entre outros, P. Romer, R. Mundell (Premio Nobel 1999), J. Bhagwati, R. J. Barro, M. Mussa, O.J. Blanchard, K. Rogoff, R. Solow (Premio Nobel 1987), G.A. Akerlof (Premio Nobel 2001), F. Kydland (Premio Nobel 2004), X. Sala i Martín, R.E. Lucas Jr. (Premio Nobel 1995), T. Harford, J. Ridderstråle, ou máis recentemente o economista español Luis Garicano e o Premio Nobel 2001 e ex vicepresidente do Banco Mundial, Joseph Stiglitz.
Máis información: ieeg Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Leccións de Economía celebradas
SÍNTESE ECONÓMICA DE GALICIA
Desde 2004 ata 2013, o IEEG elaborou trimestralmente a Síntese Económica de Galicia, publicación con información relevante da economía galega e unha análise trimestral de conxuntura elaborada coa colaboración dun equipo da Universidade da Coruña (UDC), dirixido polo profesor José Ramón Cancelo de la Torre. Publicada en colaboración con La Voz de Galicia e accesible na web da Fundación, inclúe diversos gráficos e indicadores que representan o estado actual da actividade económica de Galicia, ademais dunha descrición destes e análise.
Para consultar os números publicados pinche aquí.
ESTUDO DE TENDENCIAS
A Fundación Barrié pretende abordar os grandes retos da nosa sociedade desde novas perspectivas máis optimistas como a xeración de negocio e emprego, en definitiva de riqueza. É por isto que aborda diversas problemáticas como a enerxía, a dependencia ou o Patrimonio involucrándose en redes de pensamento, orientadas á transferencia de coñecemento, o intercambio de ideas, a formación de opinión, a toma de decisións, desde o rigor académico para dar resposta a demandas sociais relevantes.
É así un membro activo do think tank Economics for Energy.
APOIO INSTITUCIONAL
A Fundación Barrié tivo un papel preponderante na creación de entidades de relevancia no ámbito da investigación científica en Galicia como o Instituto da Lingua Galega ILGA (1971), o Instituto de Ciencias Neurológicas Pedro Barrié de la Maza-USC (1971), o Instituto de Electrónica Aplicada Pedro Barrié de la Maza-UVigo (1990).