A preocupación da Fundación Barrié por recuperar e difundir o patrimonio histórico e artístico de Galicia queda de manifesto nos importantes investimentos que fixo neste campo dende 1966 a través de diversos instrumentos: promovendo proxectos de investigación, intervindo directamente patrimonio e a través do seu servizo de publicacións.
A Fundación Barrié promoveu unha investigación sobre a Historia Industrial de Galicia para analizar exhaustivamente a evolución e o desenvolvemento industrial galego dende as súas orixes no s. XVIII ata hoxe. Esta investigación cubriu con detalle o período de maior crecemento industrial en Galicia (s. XIX e XX), a partir dunha valoración inicial dos seus precedentes e ata as modernas industrias do s. XXI. Foi elaborada cun dobre criterio cronolóxico e sectorial, para iso analizou e contextualizou os episodios, empresas e personalidades máis relevantes que marcaron a Historia Industrial de Galicia nos seus diferentes sectores.
Desenvolveuse en dúas fases. A primeira, destinada á investigación e elaboración da monografía sobre a Historia Industrial de Galicia que foi publicada pola Fundación Barrié. A segunda fase consistiu na organización dunha exposición sobre a Galicia Industrial como homenaxe da propia Fundación á rica historia e ao presente industrial desta cidade.
Equipo investigador: Jordi Nadal, catedrático emérito da Universidade de Barcelona e Xoán Carmona, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.