A Fundación Barrié destaca polo seu traballo en prol da conservación e a concienciación social en relación á importancia e valor social dos bens culturais. A través de todas as súas actuacións, a Fundación impulsa o concepto de que "a mellor estratexia de conservación é a educación" e traballa para concienciar a sociedade de que a importancia de conservar o Patrimonio ten de ser unha responsabilidade compartida por todos. O Programa Catedral de Santiago, protagonizado polo proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria, ou o programa Patrimonio Vivo seguen esta premisa.