Patrimonio Vivo é a convocatoria de proxectos en colaboración co fin de estimular a iniciativa de entidades sen ánimo de lucro galegas a favor do patrimonio mediante unha tripla colaboración no desenvolvemento dos seus mellores proxectos: unha achega económica, o apoio institucional e a asistencia técnica da Fundación. A través de Patrimonio Vivo a Fundación ofrece apoio institucional, económico e técnico a diferentes proxectos de impacto social no ámbito da recuperación e difusión do patrimonio cultural de Galicia (histórico-artístico, industrial, material, inmaterial), entre os que destacan: A catalogación, informatización e dixitalización da hemeroteca da Real Academia Galega; Clasificación, ordenación, descrición e indexación dos protocolos notariais do Arquivo da Catedral de Santiago; Proxecto Hippos: Conservación do morcego de ferradura pequeno, Rhinolophus hipposideros, en Galicia a través do estudo xenético das súas poboacións; Recuperación, dixitalización e posta en valor da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán e Catalogación do patrimonio cultural. Discurso histórico e ordenación do territorio: A Limia Alta (Ourense).
O coro pétreo da catedral de Santiago realizouse durante a campaña construtiva dirixida polo Mestre Mateo cara ao ano 1200. Situado nos catro tramos iniciais da nave maior da catedral contados a partir do cruceiro, o seu derrubamento efectuouse nos últimos días de 1603 e primeiros de 1604.
A preocupación da Fundación Barrié por recuperar e difundir o patrimonio histórico e artístico de Galicia queda de manifesto nos importantes investimentos que fixo neste campo dende 1966 a través de diversos instrumentos: promovendo proxectos de investigación, intervindo directamente patrimonio e a través do seu servizo de publicacións.
A preocupación da Fundación Barrié por recuperar e difundir o patrimonio histórico e artístico de Galicia queda de manifesto nos importantes investimentos que fixo neste campo dende 1966 a través de diversos instrumentos: promovendo proxectos de investigación, intervindo directamente patrimonio e a través do seu servizo de publicacións.
Proxecto seleccionado na Convocatoria de Proxectos en Colaboración 2006/2007.
O proxecto consiste na dixitalización dos fondos de prensa da Hemeroteca, concretamente de exemplares editados en Ferrol no século XIX e principios do XX como “Faro de Ferrol", "O Eco Ferrolano", "A Loita", "O Radical", "a Democracia" ou "Diario Ferrolano" dos cales o Ateneo conserva os únicos exemplares.
Proxecto seleccionado na Convocatoria de Proxectos en Colaboración 2006/2007.
A catalogación debe dar resposta á realidade da sociedade actual converténdose nunha ferramenta práctica imprescindible no día a día da ordenación territorial e patrimonial, e non só nun exercicio de mera erudición.