A preocupación da Fundación Barrié por recuperar e difundir o patrimonio histórico e artístico de Galicia queda de manifesto nos importantes investimentos que fixo neste campo dende 1966 a través de diversos instrumentos: promovendo proxectos de investigación, intervindo directamente patrimonio e a través do seu servizo de publicacións.
No ano 2000 a Fundación asina un convenio de colaboración co Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC para elaborar un repertorio biográfico documentado que inclúa os personaxes históricos máis relevantes de Galicia, dende a morte de Pedro I de Trastámara en 1369, ata a afirmación do poder dos Reis Católicos en 1480. Este Dicionario dará entrada a uns 5000 persoeiros, destacados pola súa relevancia social na Galicia baixo medieval.
A Fundación Barrié ten previsto editar ao termo do estudo este Dicionario Biográfico dos Trastámara, destinado a converterse nunha obra de referencia tanto para o investigador da Historia de Galicia coma para o público en xeral.
Investigador principal: E. Pardo de Guevara e Valdés.