MAPA DO SITIO   |    CONTACTO ESP | GAL | ENG | 
  Sala de Prensa > Noticias
Noticias

Presentación, hoy en Ourense, del proyecto "A catalogación do Patrimonio Cultural. Discurso histórico e ordenación do territorio"

Hoy se presentan en Ourense los resultados del proyecto de A Limia Alta A catalogación do Patrimonio Cultural. Discurso histórico e ordenación do territorio, proyecto financiado por la Fundación Barrié en el marco de su convocatoria Patrimonio Vivo y que se concreta en la página web www.altalimia.org, y en un libro de estudios dirigido por Xulio Rodríguez, director del Museo Arqueolóxico de Ourense.

Al acto, hoy lunes a las 10.00 horas en Ourense, asisten José Enrique Fernández, director de Patrimonio y Cultura de la Fundación Barrié; Xulio Rodríguez, director del Museo Arqueolóxico de Ourense; Francisco Fariña, presidente del grupo Marcelo Macías, y el delegado territorial de la Xunta, Rogelio Fernández.

En la web podéis consultar el catálogo de bienes, clasificado en 11 categorías, entre ellas heráldica, representaciones rupestres, arquitectura civil, religiosa y defensiva. http://www.altalimia.org/

EducaBarrié entrega o martes os premios do concurso escolar “A escola dos meus avós” ao cal se presentaron 150 traballos de toda Galicia

EducaBarrié entregará o martes os premios aos gañadores do concurso escolar A escola dos meus avós desenvolvido durante este curso escolar co obxectivo de fomentar o coñecemento sobre a historia da escola na nosa comunidade así como fortalecer a relación interxeracional avós-netos. O concurso perseguía acadar nos escolares galegos unha reflexión verbo da evolución da escola, para o cal alumnos e alumnas de máis de cincuenta centros escolares (Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de Galicia), así como estudantes universitarios da Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo realizaron entrevistas (formato multimedia e reportaxe xornalística) a un avó ou coñecido maior de 65 anos, sobre a súa vida escolar.

O martes, 18 de xuño, a partir das 18.00h, terá lugar o evento de despedida desta actividade e procederase á entrega de premios (sobre as 19.30h) nun acto no cal se reunirán investigadores sobre educación como José Manuel Domínguez, docente e autor do libro Cátedras de Gramática y educación en Galicia. Siglos XVI y XVII editado pola Fundación Barrié, unha representación dos alumnos e alumnas participantes, os gañadores e algunhas das persoas maiores entrevistadas, entre elas o escritor Xose Neira Vilas, que retrata a escola que lle tocou vivir nunha das entrevistas gañadoras titulada Memorias dun neno na escola rural dos anos 30,erealizada por alumnos de Educación Primaria do CPI O Foxo da Estrada (Pontevedra).

Máis de 150 traballos das catro provincias foron presentados a este concurso, que acadou unha grande acollida entre a comunidade educativa e que ten un gran valor patrimonial ao ter reunido unha importante escolma de historias e imaxes sobre a historia da escola en Galicia.

A Fundación Barrié apoia e promove iniciativas vinculadas á educación e á protección da nosa riqueza patrimonial e cultural. Así, desde a área de Publicacións, a Fundación publicou distintas investigacións relacionadas, entre elas o estudo do docente José Manuel Domínguez, Cátedras de Gramática y educación en Galicia. Siglos XVI y XVII, publicación que serviu de base para o proxecto de educaBarrié Historia da Escola en Galicia e este concurso escolar. EducaBarrié é a iniciativa da Fundación para se achegar á comunidade educativa e ten realizado durante o actual curso escolar accións destinadas a alumnos, pais e profesores de toda Galicia: www.educabarrie.org.

PROGRAMA DA ENTREGA DE PREMIOS

18:00h. Benvida e presentación do proxecto.

18:10. Intervención do investigador José Manuel Domínguez.

18:20. Intervención de entrevistados:

·         Xosé Neira Vilas (15 min)

·         Plácido Lizancos (15 min)

19:30. Entrega de premios.

20: 00 Despedida e fin do acto.

 

RELACIÓN DE TRABALLOS GAÑADORES:

1. Mellor reportaxe xornalística de Educación Primaria:

Memorias dun neno na escola  rural dos anos 30. “Entrevista a Neira Vilas” do CEIP do Foxo (A Estrada). Alba González Silva; Sabela Pájaro Ferro; Paula Mahía Taboada; Oscar Brais Couto Bouzón; Valentina Castro Sánchez; Profesora: Rosa Mª Ferreiro Castro

2. Mellores reportaxes xornalísticas de Educación Secundaria e Bacharelato:

Entrevista a Severiano Loroño Viazcoechea (A Habana)-IES Eduardo Pondal (Santiago). Águeda Villaverde Loroño; Enya López Pérez; André López Pérez; Profesora: Mercedes Espiño Amil

Que queres ser de maior? Tola. Colexio Peleteiro (Santiago). Laura Regueiro Paredes; Sara Pernas Romero; Profesora: María Cives Senra

3. Mellor reportaxe multimedia Educación Secundaria e Bacharelato:

Crónica de unha ensinanza.Colexio Obradoiro (A Coruña). José Luís Álvarez Castro; Plácido Lizancos Vidal; Fernando Andeca; Fernández Soto. Profesor: Diego Mariño

4. Mellor reportaxe multimedia Universidade:

A escola en Galicia nos anos 30. Lembranza de Luis Padrón. Universidade de Vigo. Alba López Cabo; Elena González González; Mª José González Diz; Beatriz Gómez Toucedo; María Miguélez Vila;  Profesora: Rosa Mª Cid Galante

5. Premio especial fóra de categoría:

Ao Carón da Fogueira. Rubén Gasalla Gasalla; Eliana Lastra Freije 

Xosé Neira Vilasé membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa das Universidades da Coruña e da Habana; Premio de narrativa da Crítica Española e Premio da Crítica Galega. Ostenta as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. A súa actividade máis coñecida de escritor, moi especialmente as novelas que compoñen o ciclo do neno, non debe agochar o seu papel de animador cultural da comunidade galega do alén mar, e logo como cronista da emigración. A través da Fundación Xosé Neira Vilas, desenvolve un gran labor de achegamento da cultura e da educación ao eido rural, na súa parroquia natal de Gres, onde hai cincuenta anos imaxinou as Memorias dun neno labrego.

Etiquetas: educaBarrié | Educación | Educación e Investigación

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentan o Portal das Palabras, unha nova ferramenta para achegar o léxico á sociedade

Os presidentes da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, e da Real Academia, Xesús Alonso Montero, presentaron hoxe na sede coruñesa da Fundación, o Portal das Palabras, un novo espazo de difusión do léxico e a lexicografía que desde hoxe está activo no enderezo www.portaldaspalabras.org.

O Portal ofrece curiosidades léxicas, información sobre termos, unha nova versión do Dicionario electrónico da RAG –que inclúe busca avanzada e unha utilidade de sinónimos e antónimos–, así como vídeos explicativos e soportes didácticos. Deste xeito, a difusión e popularización do léxico galego acada niveis de portais anglosaxóns semellantes, no esforzo de achegar á sociedade a lingua e o dicionario dun xeito máis accesible e atractivo.

O Portal das Palabras nace no marco do proceso de modernización que aRAG acometeu co apoio da Fundación Barrié, por medio de convenios asinados desde o ano 2011 para a edición de dicionarios, o achegamento da sociedade á norma culta, e a renovación tecnolóxica no campo lexicográfico respecto da produción, difusión e didáctica. O Portal foi ideado e desenvolvido por técnicos do Seminario de Lexicografía da RAG (aloxado na sede da Fundación Barrié desde mediados de 2012) e a Biblioteca da propia Fundación. Preséntase tamén unha importante renovación tecnolóxica do dicionario electrónico con versións para dispositivos móbiles de sistemas operativos Android ou iOS de Apple. Estas apps son aplicacións reais, que non se basean na conexión a unha páxina web. Funcionan sen estaren conectadas, xa que levan un Dicionario completo incorporado, e só precisarían de 3G ou wifi para escoitar a pronuncia dos termos.

O presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, declarou que o que se presentaba era “un dicionario electrónico, totalmente renovado no aspecto tecnolóxico, poñendo os ollos nas mellores prácticas dos grandes dicionarios do mundo. EducaBarrié, a canle educativa da Fundación, opera como a ponte entre o mundo do ensino e o Portal que hoxe presentamos”. Pola súa parte, o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, explicou que a colaboracion da Fundacion Barrié coa Real Academia Galega é un exemplo para outras fundacións privadas e empresas, que nos permite dar este salto de xigante na prestacion de servizos a prol da lingua galega ao conxunto da sociedade –en particular no ámbito educativo–, e aos sectores mais novos e dinámicos, que son os usuarios principais das novas tecnoloxías”.

Con esta iniciativa, a RAG asume novos retos e novas oportunidades, entre as que cabe salientar unha maior accesibilidade da tecnoloxía ou a ruptura das barreiras entre o usuario e o produtor de contidos, obxectivos que sustentan o Portal das Palabras, que nace para promover a consideración social da lingua, facilitar a adquisición de coñecemento, modernizar a lexicografía galega e acadar a mellora persoal na calidade do idioma.

O Portal das palabras conta coas seguintes seccións: 

No apartado de léxico.Un renovado dicionario da RAG que incorpora unha utilidade de sinónimos e antónimos, así como un sistema de busca avanzada, que permite buscar nas entradas e noutros campos, como as definicións, exemplos, etc. Este sistema de busca complexa pode utilizarse tamén como dicionario de rimas.

Outros contidos son:

-         Palabra do día,para coñecer o significado, etimoloxía e exemplos de uso dunha palabra que se presenta cada xornada;

-         Mira que din,un observatorio de tendencias;

-         Setestrelo,que agrupa as sete palabras máis destacadas dunha temática explicando o seu significado e a historia de cada palabra.

-         Palabras asinadas,onde un académico ou académica escolle e comenta un termo da súa preferencia

O apartado de vídeosconta  con dúas seccións: Pregúntalle á Academia, no que un membro da RAG explica temas relacionados co léxico e a norma; e O mundo en palabras, nos que unha persoa convidada nos acompaña nun repaso léxico dun determinado ámbito temático.

En Xogospódese participar en actividades e exercicios de coñecemento e habilidade lingüística (Canto sabes, Dimo con letras, Apunta ben, A ver se das, Verdadeiro ou falso, Opa!, Só unha vale) dirixidos a públicos de distintas idades e destreza no manexo das palabras.

Didáctica:educaBarrié (o espazo de comunicación e intercambio de coñecemento da Fundación coa comunidade educativa), propón actividades educativas, tanto nos ámbitos familiar como escolar.

A relación entre a Real Academia Galega e a Fundación Barrié

A Fundación Barrié e a RAG, dúas das institucións máis emblemáticas de Galicia –que levan colaborando desde 1968–, dan un paso máis nesta relación promovendo de xeito conxunto este Portal das Palabras, a renovación do Dicionario da RAG e poñendo a disposición gratuitamente as apps móbiles. Neste novo camiño común, as entidades comprométense a achegar o mellor das súas culturas e posibilidades no horizonte compartido de contar cunha lingua máis correcta, máis rica e máis vizosa.

Etiquetas: Lingua Galega | Real Academia Galega

La Fundación Barrié y la USC ponen en marcha el estudio de mejora de formación del profesorado gallego en la educación de alumnos con altas capacidades

La Fundación Barrié está apoyando un estudio sobre las cuatro prácticas de referencia a nivel mundial en formación del profesorado para las altas capacidades. Todas estas prácticas se encuentran en EEUU, más concretamente en la Universidad de Virginia, la Universidad de Connecticut, la Universidad Johns Hopkins y la Universidad de Harvard. El equipo de investigación que apoyamos es el dirigido por la doctora Carmen Pomar, una referencia a nivel nacional en la formación en altas capacidades,  del departamento de Psicología Evolutiva y de la Educación de la Universidad de Santiago de Compostela. David Gómez López es el  investigador y docente de este departamento que trabajará de junio a agosto en el trabajo de campo en estas cuatro universidades norteamericanas. Hoy viernes 7 de junio viaja a EEUU.

Este trabajo es impulsado y financiado por la Fundación Barrié, para lo cual su presidente, José María Arias Mosquera, y el rector de la USC, Juan Casares Long firmaron un convenio a finales de abril.El apoyo de la Fundación se centra en la financiación de la estancia de investigación en EEUU, con una agenda de visitas y seminarios en estas cuatro universidades de junio a agosto de este año. Con los resultados de este estudio estaremos en posición de evaluar futuras iniciativas de formación del profesorado gallego en altas capacidades, y referenciarlas con las prácticas más exitosas. Entrenar a los pr

El objetivo de este proyecto común de la USC y la Fundación Barrié es diseñar un modelo de intervención propio para Galicia que mejore las habilidades del profesorado de primaria y secundaria en la detección, comprensión e intervención en el ámbito de altas capacidades en aras de cubrir una serie de necesidades específicas que, según los especialistas, no están siendo cubiertas en la actualidad.

La Fundación Barrié enmarca esta colaboración en su esfuerzo en el campo de la Educación y la gestión del talento, que se traslada a la sociedad a través de múltiples proyectos (formación de profesorado, innovación educativa, programas de becas,…).  

La investigación estará finalizada a comienzos de noviembre y se llevará a cabo en la Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Facultade de Psicoloxía de la USC que lleva trabajando casi dos décadas en el ámbito de las altas capacidades y el talento.

Etiquetas: Educación | Educación e Investigación | gestión de talento | talento | USC

Telefónica crea 15 becas para emprendedores en Vigo, con la colaboración de la Fundación Barrié

Telefónica ha habilitado hasta 15 becas para que estudiantes de la Universidad de Vigo puedan desarrollar sus proyectos durante este verano. Esta iniciativa, presentada hoy en el Paraninfo de la institución académica por el director de la Compañía en Galicia, Manuel Alonso, el rector de la Universidad de Vigo, Salustiano Mato, y la directora general de Inversiones de la Fundación Barrié, Ana José Varela, recibe el nombre de Talentum Startups y cuenta con la colaboración de la Fundación Barrié, en cuya sede de Vigo y con el apoyo de un equipo de profesionales, los estudiantes que obtengan la beca llevarán a cabo sus proyectos.

Talentum Startupsva dirigida a estudiantes de ingeniería, informáticos, programadores y desarrolladores, y orientada a abrirles el camino para que puedan desarrollar su ideas tecnológicas en entornos de alto emprendimiento. Durante el transcurso del programa, Telefónica les brinda a los estudiantes, además de apoyo económico, formación en habilidades empresariales, tecnológicas y sociales.

Tal y como explicó el director de Telefónica en Galicia, que estuvo acompañado en la presentación por el rector de la Universidad de Vigo, Salustiano Mato, y por la directora general de Inversiones de la Fundación Barrié, Ana José Varela, el programa Talentum incluye también Talentum Universities, un plan de becas de larga duración que ofrece a jóvenes titulados la oportunidad de aproximarse a la realidad empresarial a través de formación práctica en Telefónica.

Lo más atractivo para los estudiantes de postgrado o en sus últimos años de carrera es que, en anteriores convocatorias, el 96% de los becarios de Talentum Universities acabó incorporado a la plantilla de Telefónica al finalizar su beca.Además,una gran mayoría de los participantes en Talentum reconocen haber descubierto, tras su paso por el programa, la vocación, la capacidad y la confianza para emprender, lo que se traduce en que muchos de ellos han creado después su propia empresa.

 

Más información:https://talentum.telefonica.com/principal/Registro

Inscripción:http://www.fundacionsepi.es/becas/starups-fsepi.asp

 

 

Etiquetas: Becas | desarrollo profesional | Educación | Educación e Investigación | gestión de talento | talento | Tecnología | Uvigo