Inicio / Ciencia / Formación do talento investigador / GRADschool / GRADschool 2016

GRADschool 2016

Formación para investigadores

Lugar de celebración:  Fundación Barrié, sede da Coruña

Datas: 18 - 21 de outubro 2016 (ambos inclusive)
prazo de inscricións finalizará o 29 de setembro de 2016 ás 10.00 horas.
Formulario de inscrición: Acceder ao formulario
 
Os GRADschool son cursos de formación práctica e experimental de catro días de duración deseñados para que os investigadores desenvolvan e mediten sobre as competencias adquiridas como estudantes de doutoramento de segundo ou terceiro ano. Nestes cursos anímase aos investigadores a que reflexionen sobre como trasladar á práctica ditas competencias, e así poder decidir con maior rigor e fundamento os seguintes pasos na súa carreira profesional. Os GRADschool son un programa de referencia na formación e o desenvolvemento de doutorandos desde hai 40 anos e constitúen a base dos modelos de desenvolvemento de programas e recursos empregados por universidades e centros de investigación de primeiro nivel no Reino Unido.

O curso GRADschool impártese en inglés e ten carácter residencial.

 
Estrutura dun curso GRADschool

Neste curso, os participantes divídense en grupos de 8-10 persoas que participan en varios exercicios simulados relacionados con entornos laborais e académicos. Cada grupo conta coa asistencia dun titor que lles axuda a facer un balance das experiencias e a establecer vínculos entre o vivido durante o exercicio, a súa investigación ou doutoramento e a súa futura carreira.

O curso é interactivo e fundamentalmente experiencial. As presentacións e os contidos teóricos constitúen eixes complementarios do programa, xa que o conducor principal da instrución é a participación activa dos investigadores nas sesións e o networking.

Os obxectivos do curso inclúen:
 
 

  • Desenvolver e reflexionar sobre as competencias transferibles
  • Valorar o desempeño en dinámicas de grupo
  • Desenvolver a súa eficacia e competencias comunicativas
  • Tomar decisións sólidas e xustificadas sobre o futuro profesional
Axenda formativa

Exemplo de axenda para un curso GRADschool. Esta axenda serve exclusivamente como referencia inicial e está suxeita a modificacións, tanto de tempos como de actividades. A axenda final e definitiva enviarase aos asistentes coa confirmación da praza.
 


 




 




 
Martes
10:30     Benvida e rexistro de participantes
11:00     Presentación do día
11:30     Reto de innovación
13:00     Proposta de obxectivos
14:00     Xantar
15:30     Seminario sobre o impacto
17:00     Café
17:30     Seminario sobre o impacto (II)
18:30     Revisión en grupo
19:30     Fin da xornada
                Cea
 
Mércores
10:00     Presentación do día
10:30     Simulación de negociación
12:00     Café
12:30     Simulación de negociación (continuación)
14:00     Xantar
15:30     Habilidades de presentación
17:00     Café
17:30     Feedback
18:30     Revisión en grupo
19:30     Fin da xornada
                Cea
Xoves
10:00     Presentación do día
10:30     Dinámicas de grupo
12:00     Café
12:30     Dinámicas de grupo (continuación)
14:00     Xantar
15:30     Simulación de solución de problemas
18:30     Revisión en grupo
19:30     Fin da xornada
               Cea
Venres
10:00     Presentación do día
10:30     Simulación de valores
12:00     Café
12:30     Simulación de valores (continuación)
14:00     Xantar
15:30     Seminario de planificación
17:00     Café
17:30     Revisión en grupo final
18:00     Dinámica final de grupo
19:00     Fin da xornada            
               Cea
 
Perfil do participante

Doutorandos das 3 universidades galegas e SERGAS que non participasen en anteriores edicións do GRADschool.
Darase prioridade a aqueles doutorandos que inicien o seu segundo ano de doutoramento en 2016.

Custo:

Gratuíto. Inclúe aloxamento e manutención.
 
Inscrición

Prazo de inscrición:

O prazo de inscricións finalizará o 29 de setembro de 2016 ás 10.00 horas.

A listaxe final de seleccionados publicarase nesta mesma páxina web, e comunicarase por correo electrónico o 3 de outubro de 2016 a partir das 17.00 horas. Os candidatos seleccionados terán que confirmar a súa asistencia antes do 6 de outubro de 2016 ás 10:00 horas.

Formulario de inscrición:
 
Acceder a formulario