Leadership in Action

Inicio / Ciencia / Formación do talento investigador / Leadership in Action

Leadership in Action

Leadership in Action, creado en 2009 no Reino Unido, é un dos programas de formación en liderado máis populares, e a primeira edición celebrada fóra dese país foi a organizada pola Fundación en Galicia. Trátase dun curso intensivo e residencial de tres días ao que asistiron 36 investigadores. Este curso, de 3 días, estivo dirixido a investigadores cun mínimo dunha estadía posdoutoral e que desexaban explorar e desenvolver a súa capacidade de liderado. Os asistentes tiveron a oportunidade de avaliar as teorías máis relevantes, practicar os seus estilos de liderado e recibir retorno construtivo. O programa creouse no 2009 e, na actualidade, é un dos programas de formación en liderado máis populares no Reino Unido. Este programa, que está dirixido a investigadores senior, dá seguimento á formación que ofrece o programa GRADschool, dirixido a perfís máis júniors.