Inicio / IV Xornadas de Experiencias en Educación Infantil

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


IV Xornadas de Experiencias en Educación Infantil. Elaboración do pensamento en nenos e nenas

Sábado 21 de Xaneiro de 2017

10:00-19:30

Sede Vigo

Aforo limitado

Require inscrición

Enlace aquí

Seguindo coa iniciativa de anos anteriores, a Fundación Barrié convoca esta nova xornada de encontro e intercambio de experiencias de innovación educativa en Educación Infantil 0-6.
 
A Xornada deste ano centrarase no “desenvolvemento do pensamento” nos nenos e nenas e sobre a “documentación” de boas prácticas educativas.
 
Como os nenos e nenas constrúen o seu pensamento sobre as cosas, a vida e eles mesmos foi sempre un tema de especial interese para pais e educadores. Documentar o que facemos e fan os nosos nenos e nenas na escola infantil é unha condición básica para a mellora da calidade educativa e para poder intercambiar boas prácticas.

Prazo de inscrición: ata o 18 de xaneiro do 2017.

Programa

10.00-10.15    Rexistro de asistentes
 
10.15-10.30    Apertura e presentación
 
10.30-11.15    Conferencia Inaugural
“Escenarios educativos para o desenvolvemento do pensamento infantil”
Ángeles Medina. Orientadora do equipo de Atención Temprana de Colmenar-Tres Cantos e Profesora Asociada no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UAM

11.15-12.00    1ª Experiencia Didáctica
"Escolas infantís de primeiro ciclo: centros para o desenvolvemento humano"
Felicidad Caballero. Directora da Escola Infantil Caeiro de Vigo

12.00-12.15    Preguntas e coloquio

12.15-12.30    Pausa  

12.30-13.15     2ª Experiencia Didáctica
"Aprendendo a pensar de forma eficaz"
Marta Berbia, Coordinadora de Educación Infantil e titora de 6º de E.I. e Paula Expósito, Orientadora do CPR A Grande Obra de Atocha da Coruña

13.15-14.15    3ª Experiencia Didáctica
Título:  "Ioga- Emociona. Proxecto educativo para incorporar a intelixencia emocional nas aulas a través do ioga, mindfulness e relaxación"
María Carballo. Profesora do CEIP Virxe do Rocío de Vigo
Autora do blog “A escola dos sentimentos”  

14.15-14.30    Preguntas e coloquio

16.00-18.00   4ª Experiencia didáctica e Obradoiro
“Estímulo do pensamento creativo a través da música”
Paloma Rocafull e Arantxa García. Mestras da Aula de Desenvolvemento de Capacidades do CEIP Emilio Díaz de Alcañiz, Teruel
XXXI Premio Francisco Giner de los Rios á mellora da calidade educativa do ano 2016 para o 2º ciclo de Educación Infantil

18.00-18.15    Pausa

18.15-19.00    Conferencia de clausura
“Boas prácticas en Educación Infantil: documentalas e visibilizalas”
Miguel Angel Zabalza. Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Ciencias da Educación da USC

19.00-19.15    Preguntas e debate

19.15-19.30    Conclusións e Clausura 

Tanto as presentacións empregadas na Xornada como as conclusións ás que se chegue como resumo dela estarán a disposición dos asistentes na WEB da Fundación Barrié.  



PRÓXIMOS EVENTOS