Inicio / Axenda / IV Edición do "International Workshop on Functional and Operatorial Statistics"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


IV Edición do "International Workshop on Functional and Operatorial Statistics"

Xoves 15 de Xuño de 2017
Sábado 17 de Xuño de 2017

Sede A Coruña


Os días 15, 16 e 17 do mes de xuño de 2017 a Fundación Barrié acolle, na súa sede da Coruña, a cuarta edición do "International Workshop on Functional and Operatorial Statistics" (IWFOS). 

O obxectivo da serie de congresos chamados IWFOS é pór de relevo as principais tendencias en diferentes áreas da Estatística para Datos Funcionais, a través do intercambio de ideas e da promoción da colaboración entre investigadores de distintos países.

Os temas que se van tratar (Análises de Datos Funcionais e Estatística baseada en Operadores) e o formato (5 sesións que se desenvolven en dous días e medio) do IWFOS 2017 serán semellantes aos das tres edicións anteriores, celebradas en Toulouse (Francia, 2008), Santander (España, 2011) e Stresa (Italia, 2014). O programa científico incluirá conferencias convidadas, conferencias regulares e sesión de pósters.

Máis información en: http://iwfos2017.udc.es





PRÓXIMOS EVENTOS